Veciños da Rúa Churriana denuncian que proseguen os danos nas fachadas das súas vivendas e moitas molestias

Veciños da Rúa Churriana denuncian que proseguen os danos nas fachadas das súas vivendas e moitas molestias
O cristal da porta dunha vivenda da Rúa Churriana apareceu roto | Chechu López

A madrugada do domingo resultou bastante conflictiva en Ribeira no tocante ás queixas polos ruidos procedentes das rúas, pero tamén por danos en vivendas, que motivaron bastantes avisos aos axentes da Policía Local. A Rúa Churriana, en pleno casco urbano da cidade, volveu a ser escenario dun destes feitos e os afectados quixeron facelo público porque xa non soportan máis o que están padecendo sen que se lle poña remedio ou haxa unha unha solución efectiva, e os últimos feitos xa “desbordaron o vaso da nosa paciencia”, declarou unha das prexudicadas.


Sobre as catro e media da madrugada se despertaron debido a que media decena de rapaces estaba falando a un volume bastante elevado, e lles chamaron a atención e pedíronlles que se foran dalí. “Puxéronse rufos, pero acabaron marchándose. Pero, vinte minutos despois levámonos a desagradable sorpresa de que alguén tirou unha pedra á porta principal da nosa casa e rompeu un cristal”. Aínda que no sitio quedaron algúns restos do obxecto arroxado, deberon de levarse a pedra ou tirala nun sitio escondido, pois non a atoparon. Sospeitan que a autoría foi dos rapaces que os estiveron molestando uns intres antes. Os propietarios da casa afectada avisaron á Policía Local ribeirense, que acudiu ata alí para interesarse Polo corrido.

Veciños da Rúa Churriana denuncian que proseguen os danos nas fachadas das súas vivendas e moitas molestias

Te puede interesar