Xosé Deira: “O que máis me fastidiou foi que boa parte dos cartos roubados eran da miña neta de trece anos”

Xosé Deira: “O que máis me fastidiou foi que boa parte dos cartos roubados eran da miña neta de trece anos”
Xosé Deira describiu a escea do roubo que se atopou ao regresar ao seu fogar | Chechu

Xosé Deira segue a darlle voltas a aquelo que notou hai preto de dúas semanas e que lle fixo sospeitar que o estaban vixiando. Tratábase da presenza de vehículos nunhas situacións e a unhas horas que non eran habituais na aldea de Exipto e que, aínda que llo comentou a súa muller, ao final non lle deu importancia, aínda que polo sucedido si que a tiña.


¿Que foi o que lle fixo levantar sospeitas de que o vixiaban?

Hai dez días, sobre as sete da mañá vin un coche aparcado e coas luces largas apuntando cara a miña casa e xa me pareceu raro. En dias posteriores, apareceron vehículos e movementos de persoas que non adoitan estar na zona, pois aquí nos coñecemos todos. Sospeitei que estaban interesados nos coches e pensei en conectarlles a alarma, pero as súas miras eran outras. Agardaron a que marchásemos e a que se fora o do taller colindante para entrar á casa. Penso que despois de estar media hora dentro fuxiron ao ser avisados cando un cómplice nos viu volver antes das nove da noite, deixando abandonadas na súa fuxida unhas botellas de bebidas alcohólicas caras que colleran.


¿Que escena se atopou cando regresou a súa casa tras levar a súa neta a piscina en Boiro?

Estaba todo patas arriba, os cadros arrancados, os mobles tirados polo chan e moi revolto, pois buscaron por todas partes e desvalijaron todo na pranta baixa. Caeusenos o mundo enriba ao ver o noso fogar, onde levamos vivindo moitos anos e nos sentiamos seguros, pero esto foi un ataque moi duro. Eso si, agora toca estar tranquilos e afrontar as cousas con toda a serenidade posible. Nos animamos os uns aos outros. Vamos virando.


¿Que é o que máis lle molestou do roubo e do botín sustraído?

O que máis me fastidiou foi que a maior parte dos cartos eran da miña neta de trece anos. Roubarlle os cartos a un rapaz çe dicirlle esta é a sociedade que temos e a que vos deixamos. Arredor de 2.000 euros que roubaron os tiña ela aforrados e gardados nuncha caixa baixo chave do que lle deixaron os Reis Magos. Tamén me fastidiou que a nai da nena foi levar ese cartos ao banco e non lle deixaron ingresalos na conta se non lle daba un recibo da procedencia dese diñeiro. Lamentable. Este é un país de delincuentes. Ademáis, 350 euros eran do acto de Galiza Nova e 300 dos emigrantes retornados. Preto de 2.000 os tiñamos para pagar uns arranxos no quentador e a caldeira. Das xoias hai algunhas que non pasan desapercibidas e non será fácil que as vendan.

Xosé Deira: “O que máis me fastidiou foi que boa parte dos cartos roubados eran da miña neta de trece anos”

Te puede interesar