A ACD Dorna ratifica por unanimidade a nova directiva que encabeza Carlos Chaves

A ACD Dorna ratifica por unanimidade a nova directiva que encabeza Carlos Chaves
O novo presidente, á esquerda, durante a asamblea celebrada onte na Escola de Pau | mónica ferreirós

Xa é oficial. A Asociación Cultural e Deportiva (ACD) Dorna de A Illa de Arousa ratificou onte en asamblea, por unanimidade, a proclamación da nova directiva, un equipo que encabeza como presidente Carlos Chaves.

 

Novos estatutos

Ademais, a reunión de onte serviu para dar aprobación ao cambio dos estatutos do colectivo, unha reforma que comezou en 2018 para adaptarse á Lei do Deporte de Galicia, pero que non puido culminarse ata o de agora. Primeiro, por algúns cambios técnicos que a Xunta obrigou a introducir na proposta inicial de modificación. E, logo, por cruzarse a pandemia, que o demorou todo. 
 

A maiores, a asamblea presentou tamén o estado de contas e o resumo de actividades dos últimos meses. Tamén se puxo en valor todo o traballo feito pola directiva saínte, liderada durante estes anos por Salvador Allo.

 

O novo equipo

A directiva que lidera Carlos Chaves complétase con Beatriz Dios Otero como secretaria; de tesoureiro Xosé Chantada Nogueira e de vogais Covadonga Dios Cores, María Teresa García Oubiña, José Luis Chaves García, Manuel Otero Rivas, Avelino Dios Cores, Francisco Ramón Vázquez García e Héctor Suárez Otero.

A ACD Dorna ratifica por unanimidade a nova directiva que encabeza Carlos Chaves

Te puede interesar