A Asociación Española Contra o Cáncer (AECC) colabora coa Sociedade Oncolóxica de Galicia (SOG) no marco da XXXVI Reunión Anual en Sanxenxo, coa promoción dun paseo saudable que ten como obxectivo informar, concienciar e mobilizar á poboación sobre a importancia do exercicio para a saúde. Na actividade tamén colabora o Concello de Sanxenxo.
A andaina terá lugar o vindeiro venres 23 de maio, ás oito e media da tarde, e o punto de encontro e de saída será o Hotel do Mar, ubicado no Paseo de Silgar. A actividade é gratuita, pero é necesario inscribirse previamente, xa sexa a través do enlace habiltado pola AECC nas súas redes sociais, ou o propio día do paseo no punto de encontro, a partir das seis da tarde.
XXXVI Reunión Anual
A XXXVI Reunión Anual en Sanxenxo organizada pola SOG terá lugar os días 23 e 24 de maio. Durante os encontros, alrededor de 120 especialistas xuntaranse para conversar sobre diversas cuestións relacionadas coa oncoloxía, como os retos, a innovación e a sustentabilidade no sector.