O BNG reivindícase fronte aos que dilúen a súas marcas e para levar o local a Europa

O BNG reivindícase fronte aos que dilúen a súas marcas e para levar o local a Europa
Diario de Arousa-2019-05-15-009-b7d8301d

O BNG celebrou onte un dos seus actos centrais de campaña. Foi no Paseo da Calzada, con ampla presenza nacionalista para respaldar ao aspirante a Alcaldía, Víctor Caamaño. A voceira do Bloque, Ana Pontón, a eurodeputada e candidata ás eleccións europeas, Ana Miranda e a parlamentaria galega Montse Prado arrouparon al alcaldable nunha cita na que se reivindicaron as siglas nacionalistas fronte a quen tenta “agochalas” ou diluilas. 

Caamaño referíase na súa intervención aos populares, que apostan por un modelo de campaña no que o nome de cada candidato pesa máis que o do partido; tamén ás marcas xurdidas do movemento das Mareas e que agora marcan distanza e tamén con alusións a Pode, que “imitaba” a cor doutra formación. “Semella que hai quen imita cando suma e deixa de imitar cando resta”, concluía o candidato contra todas estas forzas, comportamentos que “non parecen moi honestos”. Fronte a iso, “no BNG estamos orgullosos de onde estamos”. 

No acto, con miras postas na convocatoria conxunta das eleccións locais e europeas, conxugouse o papel que o BNG engrana con solvencia, defenderon: “As cousas que ocorren aquí, como o saneamento das Rías, a pesca tradicional, o río Umia... Son cousas que o BNG leva a Europa, con Ana Miranda, a partires do noso traballo aquí”, defendeu Caamaño. 

No goberno local
Ademais, o Bloque defendeu a súa xestión no cuatripartito como o elemento que aportou “cohesión e solidez” e como a “única forza das catro” que insistiu en reunir a súa comisión de seguemento, “tentando buscar solucións e non titulares de prensa”. 

En canto ás propostas para Cambados, distinguiron as áreas nas que tiveron competencias, con proxectos xa encauzados, cos que seguir ampliando obxectivos. É o caso da mellora da casa de cultura de Castrelo, coa iniciativa presentada xa ante o GDR, ou a desafectación de terreos portuarios, ante varias administracións. 

Daqueles outros ámbitos onde non tiveron xestión directa, urxen a actualización do PXOM que, si ou si, marcan como obxectivo nos vindeiros anos e que, lamentan, non foi posible abordar neste mandato por canto non houbo o consenso necesario con quen se opuxo ata o último momento ata á peatonalización de Fefiñáns, histórica proposta do Bloque para Cambados, subliñaron. 

Pontón descatou a Caamño como “unha persoa capaz, honesta, traballadora con proxecto para este Concello”, do que, engadiu,  “sería sen dúbida o mellor alcalde para Cambados”.

O BNG reivindícase fronte aos que dilúen a súas marcas e para levar o local a Europa

Te puede interesar