Cambados conmemora o Día de Galicia cun multitudinario concerto da Banda de Castrelo

Cambados conmemora o Día de Galicia cun multitudinario concerto da Banda de Castrelo
As cadeiras quedáronse curtas nos xardíns de Torrado para gozar dun clásico destas datas: o concerto da Banda de Castrelo | Mónica Ferreirós

Cambados conmemorou onte o Día de Galicia cun concerto dun dos seus orgullos e todo un clásico desta data no municipio: a Banda de Música de Castrelo, inmersa este ano na celebración dos seu 135 aniversario. Os xardíns do Pazo Torrado enchéronse así de ambiente e de público para gozar da actuación dunha agrupación que sempre triunfa. A actividade enmarcouse no programa ‘Albas de Gloria’, posto en marcha pola Concellería de Cultura, que dirixe o nacionalista Liso González, para conmemorar o 25 de xullo, Día de Galicia, poñendo o foco na música tradicional.


Así pois, as rúas da vila do albariño enchéronse de diferentes actuacións dos grupos Volandeira, Os Mecos e Xironsa, que partiron do entorno de Santo Tomé cara Fefiñáns, inundando as rúas do casco urbano coa música festiva galega. Ademais das pasarrúas, as agrupacións volveron a actuar en cadansúa sesión vermú, enchendo as principais prazas da vila —Alfredo Brañas, Rodas e San Gregorio e na Rúa Real— dun gran ambiente.


Un día no que a música se combinou tamén coa reivindicación propia dun día pensado para poñer en valor a identidade propia dos galegos, vencellada ineludiblemente á lingua.

 

Festa da paella

Unha xornada xultural na que tampouco faltaron as propostas gastronómicas. Así, a asociación veciñal Santa Cruz organizou onte na parroquia de Castrelo a XVI edición da súa xa tradicional Festa da Paella, onde o prato típico estivo acompañado pola música de Marietta e unha gran festa andaluza a cargo do coro Triana de Vigo. 

Cambados conmemora o Día de Galicia cun multitudinario concerto da Banda de Castrelo

Te puede interesar