Cambados elixe a cultura e as flores para recordar a Don Ramón no 63 aniversario do seu pasamento

Cambados elixe a cultura e as flores para recordar a Don Ramón no 63 aniversario do seu pasamento
O Concello realizou a súa tradicional ofrenda floral e os alumnos do Cabanillas tamén, ante a súa antiga tumba. O Asorei aproveitou para entregar o “Mar de Letras” | Gonzalo Salgado

Cambados non perde oportunidade para recordar a unos dos máis grandes literatos da literatura galega e universal, Ramón Cabanillas. Na xornada de onte foi con ocasión do 63 aniversario do seu pasamento e, coma sempre, o Concello realizou unha ofrenda floral ante a escultura que o recorda no Paseo da Calzada e que foi obra doutro ilustre cambadés, Francisco Asorey. Pero ademais, os institutos da vila aproveitaron este día para festexar a cultura.


No centro que leva o mesmo do nome do “poeta da raza” están a celebrar o seu 50 aniversario así que, como non podía ser doutro xeito, Cabanillas tivo un oco na programación especial que confeccionaron para todo o curso. Máis concretamente, un grupo de alumnos, profesores e exdocentes realizaron una ofrenda na antiga tumba familiar dos Cabanillas no cemiterio de Fefiñáns, onde foi enterrado ata ser trasladado ao lugar que ocupa hoxe no camposanto dos ilustres, no Parque de Bonaval. Ademais se deu lectura ao poema “Sono dourado”.


O IES Asorey, pola súa banda, aproveitou para entregar os premios do certame literio Mar de Letras que convoca xunto á Concellería de Cultura. Así os gañadores, Iago Álvarez Cabodevila e Raquel Martínez Badea, ambos do IES Johan Carballeira, de Bueu, recolleron o galardón polas súas obras “Errar e non poder levantar” e “Querido papá”, respectivamente. Una recreación en bronce da emblemática Torre de San Sadurniño que tamén recibiron Lucía Cordeiro e Rosa Quintela, que obtiveron o segundo premio por “Bicos ó mar” e “Palabrería”. Ademais as obras publicaranse e o xurado, á vista “dos méritos literarios” fará o mesmo, e quixo recoñecer, ás creacións “A orixe das estacións”, de Mercedes Suárez (IES Asorey); “Segredos de familia”, de Antía Alemán (centro Galén, de Lugo); “Unha ollada atrás”, de Xiana Peón (Antonio Fraguas, Pontevedra); “Unha gran solución para un gran problema”, de Carlos Alcalde (Eduardo Pondal, Santiago) y “Volve, Ada”, de Nuria Estévez (Carballeira, Bueu).

Cambados elixe a cultura e as flores para recordar a Don Ramón no 63 aniversario do seu pasamento

Te puede interesar