Cultura celebrará o Día da Patria con tres grupos tradicionais e coa Banda de Castrelo

Cultura celebrará o Día da Patria con tres grupos tradicionais  e coa Banda de Castrelo
A formación bandística, nunha imaxe de arquivo | D. A.

A Concellería de Cultura, Ensino e Patrimonio de Cambados organiza o programa ‘Albas de Gloria’ este 25 de xullo, para celebrar o Día de Galicia. O edil Liso González presentou onte o programa, que incluirá diferentes actuacións de tres grupos tradicionais e da Banda de Música de Castrelo.


O programa, que toma o nome do famoso discurso de Castelao, arrincará pola mañá con pasa­rrúas dos grupos Volandeira, Os Mecos e Xironsa. Sairán do entorno de Santo Tomé cara Fefiñáns, enchendo as rúas do casco urbano de música galega. Ás doce do mediodía, os Xardíns de Torrado acollerán un concerto da Banda de Música de Castrelo, todo un clásico desta data en Cambados. Tras rematar esta actuación, as devanditas agrupacións tradicionais volverán a actuar, pero xa non en pasarrúas, senón en candansúa sesión vermú.


Unha terá lugar na Praza de Alfredo Brañas, outra nas Rodas e San Gregorio e, a derradeira, na Rúa Real.


O concelleiro explica que esta proposta sitúase na dinámica dos últimos anos para tentar  “dar algo máis de relevancia a unha data xa de por si festiva” e facelo con música tradicional galega. 

Cultura celebrará o Día da Patria con tres grupos tradicionais e coa Banda de Castrelo

Te puede interesar