Un total de 120 exemplares presentáronse ao concurso do Tinto, dos que unha ducia resultarán premiados na xornada de hoxe e cuxa elección prevese complexa pola gran calidade da vendimia. Así o expuxo o alcalde, David Castro, que puxo en valor a extensa programación dos festexos.
Que destacaría do programa?
Hai moitas cousas que destacar nesta 52 edición do evento máis importante para Ribadumia. En canto á programación, subliñaría os showcookings que imos a ter ao longo destes tres días e os cantos de furancho. O día de hoxe vai a ser un día moi bonito, primeiro polo nomeamento dos valedores e a cata final na que se van a seleccionar os mellores viños, a parte das grandes verbenas que vai haber como Satélites e Olympus para rematar con Panorma, pero tamén hai unha aposta moi grande polos grupos locales, como Añoranza ou M-80.
Como é a calidade dos viños presentados este ano?
Posiblemente é unha das edicións nas que mellor calidade houbo, polo que a dificultade dos catadores para seleccionar eses viños foi máxima e merécense un recoñecemento.
Este ano déronse importantes avances para a regularización...
A verdade é que esta 52 edición ten algo moi importante ao empezar coa conta atrás para alcanzar a regularización dunha variedade que é moi importante para toda a comarca. Ese compromiso por parte de Medio Rural para estudar a viabilidade desta variedade fai que estemos máis preto de alcanzala, polo que entendendemos que no ano 2027 imos a ter ese resultado da variedade folla redonda, que para nós é unha aposta forte como un atractivo turístico e gastronómico e merece ese respaldo que tan ansiadamente estamos buscando para ter esa seguridade técnica e xurídica por parte dos vitivultores e adegueiros.
Canta xente se espera esta fin de semana?
Só no xantar de confraternidade espéranse un milleiro de persoas e tampouco hai moito máis espazo. De feito, é un dos atractivos máis importantes desta festa. No día da inauguración houbo xa unha gran afluencia de pública e nesta fin de semana van a vir moitas persoas.