A Garda Civil detivo a catro persoas acusadas da presunta comisión de delitos de detención ilegal e lesións contra un menor de idade de Vilanova de Arousa. Foi sacado a da súa casa en O Salnés, levado a O Porriño e abandonado tras unha indisposición no centro de saúde daquela localidade.
Os feitos remóntanse ao pasado 20 de outubro. Os presuntos autores presentáronse no inmoble onde se atopaba pasando a noite o menor, en Vilanova, obrigándoo, pola forza, a abandonar o domicilio, “sen permitirlle que se vestise debidamente nin que levase consigo a súa medicación de carácter vital”, sinalan desde o Corpo.
Tras introducilo nun turismo, trasladárono hasta a citada localidade de O Porriño, donde foi “obxecto de agresións e ameazas contra a súa persoa”.
O mozo, de 17 anos, rematou sufrindo una “importante descompensación do seu índice glucémico”, polo que foi abandonado polos autores dos feitos no centro de saúde porriñés, a uns setenta quilómetros de distancia da súa residencia. A Garda Civil destaca que continúa as investigacións, polo que non se descartan máis detenidos.
Os arrestados son tres veciños de Vilanova de Arousa e outro con domicilio en Pontevedra. Tres deles xa tiñan antecedentes policiais, “quenes supostamente se dedicarían ao cobro de dédedas relacionadas co comercio de sustancias estupefancientes”, detallaron desde o instituto armado.
Tras o seu paso ante o xulgado instrutor, os catro detidos quedaron en liberdade, pero con cargos.
A investigación foi realizada polo Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) pertencente á Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, en coordinación co Equipo Contra o Crime Organizado (ECO) pertencente á Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil. A labor policial e as pesquisas culminaron o pasado 13 de maio de 2025, na fase de explotación da chamada “operación Frenos”, dirixida polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa.