O escritor vigués Santiago Ferragud presentará en Cambados "Todo chega desde o mar"

O escritor vigués Santiago Ferragud presentará en Cambados "Todo chega desde o mar"
O escritor vigués Santiago Ferragud | Facebook / Santiago Ferragud

O escritor vigués Santiago Ferragud presentará en Cambados a súa nova obra Todo chega desde o mar. A cita é o xoves 23 de marzo ás 20 horas na Casa da Calzada (ExpoSalnés). O libro conta os feitos históricos que deron forma á cidade de Vigo, con especial atención aos sucesos do ano 1.972, pero tamén ás vivencias dos pais e as nais daqueles folguistas, a xeración de vigueses que en 1.931 viron chegar a Segunda República, e logo o golpe militar de 1936, e a represión de republicanos na illa de San Simón.


Dúas historiadoras comparten o relato: Irene, contemporánea da folga de 1.972, profesora, a piques de xubilarse; e Xoana, unha licenciada nova, recentemente chegada a Vigo. Pola súa condición industrial, Vigo tivo gran protagonismo na transición política cara á democracia, sobre todo a partir da folga de 1.972. Pouco máis tarde, en 1.975, un mozo vigués, José Humberto Baena, foi vítima dos últimos fusilamentos do franquismo e, días despois, outros vigueses participaron na formación dos Grapo.


O autor de Todo chega desde o mar, Santiago Ferragud naceu en Vigo en 1.949. En 1965 fundou Los Temples, unha das bandas de rock and roll que xurdiron en cada barrio da cidade, producindo un  chispazo de enerxía e ledicia no medio da néboa do franquismo. Estudou na Escola de Peritos e, nos anos setenta, comezou a súa vida profesional en empresas auxiliares dos estaleiros. Nunca abandonou a música e en 2010, levado pola súa vocación literaria, fundou Xardín Desordenado, unha banda que desde entón vén  musicando a poetas galegos.


Na presentación do libro, o autor estará acompañado polo concelleiro de Cultura de Cambados, Tino Cordal.

O escritor vigués Santiago Ferragud presentará en Cambados "Todo chega desde o mar"

Te puede interesar