Investigan se un nonaxenario quedou grave tras un accidente en Cambados por un problema de saúde

O vehículo que conducía o nonaxenario evacuado ao Hospital en estado grave / Cedida

Un home de 90 anos de idade, e que responde ás iniciais de L.P.M., foi trasladado hoxe pola mañá en estado grave ao Hospital do Salnés tras sufrir un accidente de tráfico na Avenida de Galicia, en Cambados. O conductor bateu contra dous vehículos aparcados e logo contra un que ía circulando e sospéitase que sufriu algún tipo de indisposición


Segundo fontes dos servizos de emerxencias, o nonaxenario non presentaba feridas externas, pero sí un mal estado de saúde, así que foi trasladado de urxencia por unha ambulancia medicalizada de Urxencias Médicas 061. De feito, sospéitase que non sufriu lesións graves, porque o impacto contra os outros turismos non foi de gran magnitude, e puido padecer algún tipo de problema de saúde mentres manexaba o seu coche.


 O accidente tivo lugar sobre a unha da tarde e a vítima colidiu primeiro contra dous automóbiles estacionados e logo contra un terceiro en circulación. A súa conductora non precisou asistencia sanitaria. No dispositivo participaron o Servizo Municipal de Emerxencias, a Policía Local, a Garda Civil e máis o 061, e foi preciso cortar un tramo do carril onde estaban os vehículos sinistrados. 


Pouco despois, sobre as 13:29 horas, rexistrouse un segundo accidente na avenida. Unha carteira de 59 anos, vecina de Vilanova e que responde as iniciais de P.N.N., caeu da súa moto de reparto. Quéixabase de dor cervical e presentaba laceracións nas extremidades, así que foi traslada polo 061 ao Hospital do Salnés. Tamén prestaron asistencia Emerxencias e máis a Policía cambadesa. l

Investigan se un nonaxenario quedou grave tras un accidente en Cambados por un problema de saúde

Te puede interesar