IR recorda a Somos que o pacto faculta a dous grupos a sacar adiante un plan como o do CPI

A reforma do entorno do colexio Julia Becerra en Barrantes segue a dar que falar na recta final do mandato en Ribadumia. Despois de que Somos marcase territorio na Concellería de Obras, os Independentes lembráronlle onte aos de Enrique Oubiña que, no caso de que non haxa consenso no tripartito a respecto dunha inversión, basta con que dúas das tres forzas se poñan de acordo para seguir con ela. Así o pon no pacto de goberno ao que aínda lle queda unha semana de vida. E ese sería, xustamente, o caso que acontece agora, cun proxecto avalado por IR e PSOE e outro alternativo que plantexa Somos.


Porén, os Independentes tamén lle lembraron onte á forza liderada por Oubiña que o proxecto respaldado por IR e PSOE tamén o fora por Somos, na súa aprobación en xunta de goberno en setembro de 2017. Por iso, coidan que “o señor Oubiña, en campaña electoral, quere desvincularse deste proxecto e achegar posturas co PP”.

IR tamén contestou onte ao PP, pedíndolle ao seu candidato “que se documente” sobre as competencias do Concello e da Xunta no colexio. Finalmente, IR defende o seu proxecto, asegurando que conta co visto bo de Xunta, comunidade educativa, Umia CF e “xa é unha realidade”, por canto comezará “tan pronto remate o curso escolar”.

IR recorda a Somos que o pacto faculta a dous grupos a sacar adiante un plan como o do CPI

Te puede interesar