A publicación independente e líder ‘Vinous’, a través do crítico Joaquín Hidalgo, examinou estes días os viños da DO Rías Baixas, cunha extensa cata que dará lugar a recensións no mercado estadounidense cun total de 80 marcas de Rías Baixas de 47 adegas como protagonistas.
Así pois, Hidalgo valorou diferentes elaboracións de Rías Baixas de distintas anadas, sobre todo da 2024, recentemente cualificada como Excelente. Pero tamén unha importante representación da 2023, 2022 e 2021, así como algún de 2020 e 2015. Unha experiencia que se espera que o crítico repita en futuras ocasións para así poder informar e educar aos seus lectores sobres os viños que se elaboran na DO.
Desde sempre Estados Unidos é o mercado de exportación por excelencia de Rías Baixas. As súas importacións protagonizaron unha evolución moi positiva tanto en volume como en valor ao longo da historia. A pesar da incerteza do contexto actual, 2024 foi un bo exercicio no que a cifras se refire no mercado internacional, e no americano en particular. Así Estados Unidos protagonizou crecementos de máis do 13% en volume e valor con cifras de 2,9 millóns de litros e máis de 23,5 millóns de euros, según destacaron desde a Denominación de Orixe.