Sanxenxo.- “Quedoume unha espiniña na programación cultural deste verán: Unha feira do libro”

Sanxenxo.- “Quedoume unha espiniña na programación cultural deste verán: Unha feira do libro”

A concelleira de Cultura, Sandra Fernández Agraso, fai balance da resposta que está a ter a programación cultural de verán do Concello a piques de rematar. En apenas dous meses e “con todo por facer”, a edil asegura que a proposta está a ter un importante éxito de público nas súas distintas variedades, pero xa adianta que “aínda quedan moitas sorpresas”.

Nuns días remata agosto e con el un intenso mes cultural en todo o municipio de Sanxenxo. Que valoración fai destes dous meses de actividades?
Durante as festas patronais deixámoslle máis protagonismo as súa programación e reducimos un pouco o ritmo das actividades do departamento de Cultura. O groso da programación cultural nas parroquias rematou, agora queda pendente aínda  actividades en  Portonovo e sorpresas para setembro. Estamos moi contentos porque tiveron unha grande afluencia de público. Houbo varias con éxito, pero os trapecistas de rúa tiveron un grandísimo éxito en Portonovo, as actividades en familia como os xogos de pistas e os talleres tamén.
Seguirase apostando por descentralizar a actividade cultural e repartila polas distintas parroquias como se fixo este ano? 
Esa é a nosa intención. Agora cando sexa setembro vamos a facer un balance de cifras de afluencia concreta nas distintas parroquias e nas distintas actividades porque ao tratarse da primeira vez que se facía una programación cultural global pois non sabiamos como ía a ser a resposta. Queremos saber que actividades gustan máis ou menos  porque tivemos música, clown, humor, maxia e cine. A idea é seguir tentando mellorar para o vindeiro ano.

Os veciños de Portonovo vivieron con certa incertidume a presentación da súa programación cultural 
A posta en marcha da Multisectorial retrasou un pouco a programación en Portonovo, pero nunca se dixo que non se iba a facer. Estabamos esperando pola regularización desta feira de artesanía e iso requeriu valentía e tempo por parte do compañeiro que se fixo cargo, David Otero. A programación está resultando moi positiva porque Portonovo e una zona na que gustan moito o teatro, as corais, a música….

Que supuxo a confección da programación cultural a apenas dous meses da tempada de verán? 
Non había nada feito. Das máis de setenta actividades o único que estaba comprometido eran tres actuacións do Agadic porque iso hai que pedilo con tempo. Estaba todo por facer, pero por una parte preferino así porque así puiden facer a programación que eu quería levar a cabo. Tiven moitísima axuda de persoal de Cultura e de Servizos porque está sendo un extra de traballo brutal.

Dicía ao principio que a idea é seguir mellorando. Quédalle algo pendente ou algunha actividade que lle gustaría levar a cabo para o vindeiro ano?
Quedoume unha espiniña, pero como non daba tempo a facelo como eu quería, preferín deixalo para o vindeiro ano.  Quería facer unha especie de feira do libro, pero apenas tiña un mes para pechala e non daba tempo. 

Que papel teñen os colectivos na programación?
Son os piares fundamentais nesta programación e a clave para soster a cultura de Sanxenxo. Houbo novas propostas de asociacións como a Muiñada de Dorrón ou como o primeiro concurso de pintura de Arra. Todas as actividades novas e que sexan positivas para Sanxenxo terán cabida na programación.

Que queda para setembro? 
Vai ser un mes moi cargado porque están as festas de Santa Rosalía, logo as motos e logo voltaremos con actividades culturais adicadas a lingua galega.

Sanxenxo.- “Quedoume unha espiniña na programación cultural deste verán: Unha feira do libro”

Te puede interesar