palabra muller, derívase do latín mulier, de molleris, augado ou brando. Xa a propia etimoloxía da palabra deixa entrever unha submisión cara o colectivo xa desde as civilizacións grecolatinas, onde a muller xa era considerada como o “Xénero débil”.

Co paso dos séculos, especialmente a partir do século XVIII, coa primeira onda do feminismo, as mulleres foron reclamando os seus dereitos e adquirindo algúns deles. Con todo, tras tantos séculos de historia, o xénero feminino segue tendo unha posición desigual nesta sociedade patriarcal, na que non só a muller se non que todo o etiquetaxe como feminino é devaluado, incluso a propia ciclicidad feminina que se segue vendo como un problema en lugar de como unha potencialidade. A sexualidade feminina tamén está totalmente silenciada, como mulleres descoñecemos o noso aparello reprodutor e ata nos dá pudor falar del.

Nos socializan nun mundo no que como mulleres debemos ser nenas boas e sumisas, seguindo uns cánones e unhas directrices, que nada se asemellan ás do xénero oposto, o cal ostenta unha posición maior na sociedade, dotado de forza e maiores privilexios. Situacións como é a violencia de xénero, procréanse da supremacía de poder da masculinidade hexemónica, que trae impregnada a normalización da violencia e o poder como algo bo e masculino.

Na sociedade contemporánea na que vivimos, os medios de comunicación foron adquirindo nos últimos anos un papel cada vez máis importante, sendo axentes socializadores que instauran e coaccionan a través do contido que difunden á sociedade, a súa xeneralización fai que as mensaxes traspasen fronteiras creando unha cultura meramente globalizada, que pode chegar a producir a xeneralización de mensaxes de odio, roles e estereotipos de xénero nos que vivimos encorsados. Iso deu lugar a unha transformación da discriminación de xénero, pasando dunha sociedade onde as mulleres estabamos excluídas da vida pública, a outra na que aínda formando parte dela seguimos sufrindo unha gran discriminación en diferentes ámbitos.

A subordinación, cosificación e hipersexualización das mulleres nos medios de comunicación normalizouse nos mesmos, ocultando os demais ámbitos e potencialidades das mulleres, despersonalizando a estas e observandolas tan só como un simple corpo, producíndose unha mercantilización e posterior desvalorización das mesmas. As diferentes redes sociais, xeneralizan día a día diferentes prácticas onde se comparte contido hipersexualizado do xénero feminino e mesmo ligado a imaxes violentas cara esas mulleres, que normaliza a súa cosificación, amparados na idea equívoca de que vivimos nunha cuarta onda do feminismo, tras pasar as tres anteriores, e que iso ten como consecuencia unha existente conciencia social, derivada de accións e discursos nos que se fomenta o falso empoderamento feminino. Estes discursos non eliminan as consecuencias do patriarcado, simplemente cambian o tipo de discriminación cara o colectivo feminino, o cal pasa de ter unha imaxe ligada ao fogar e a violencia dentro do mesmo, a ter outra imaxe sexualizada.

Todo iso pódese evidenciar nos alarmantes datos de violencia de xénero, que mostran que en Galicia que no ano 2020 notificáronse un total de 6.078 denuncias, datos que tan só son a punta dun iceberg, e mostran a necesidade de continuar coa loita hoxe e todos os días, para derrubar o patriarcado e todo o que deriva del, e poder ser quen queira ser sen estar condicionados por un xénero.

Te puede interesar