O 28 de maio , o noso alcalde Gonzalo Durán será o alcalde, non podemos pensar en outra candidata nin candidato, xa que sería un gran erro para os nosos veciños, e se non se confundiron todos estes anos, pois síntolles comunicar aos tres contrincantes que en Vilanova somos xente seria e, polo tanto…. seguiremos votando ao mellor .
Gonzalo Durán, o noso imparable e incondicional alcalde é alcalde porque está comprometido día a día cos seus veciños, “sen ter que pedir cita como en concellos cercanos”.
Déixense de facer de Vilanova un Sálvame!
Por un lado, a patroa que deixa a Cofradía “por problemas de saúde” —remito información escoitada polo pobo— e agora quere ser alcaldesa!
Que non por ser alcaldesa che dan o diploma de doutora, que para iso tes que ir á universidade!
Que o noso alcalde e médico, pero para iso, primeiro estudou! Non llo regalaron na Alcaldía.
Despois, o noso encantador J.J., ben, sen palabras! Despois do grandioso repertorio nos seus anteriores postos… Quere vir desfacer o que tanto o seu avó como agora ao seu irmán lle custou facer día a día en Vilanova.
J.J., failles un favor a Vilanova e aos teus veciños e colle exemplo da túa número dous. Ai! … que xa non está!
Que rápido se Renovou… Unha retirada a tempo é mellor que un fracaso! E por outro lado… o BNG, a ver se este ano fan algo máis de política que nos últimos, que eu para saber quen era a candidata… case teño que mirar en Internet…
Que se asome de vez en cando, que no Concello temos o gran carisma de atender á xente por ser veciños, non por ser dun partido ou doutro.
Ben, en resumo , que só quería recordarlles a todos este circo que se montou en poucos días, que a ver se non pasa de renovarse a esfumarse antes do 28 de maio, que o Sálvame e para outro tipo de noticias e que o noso pobo é un pobo digno de respectar.
Vilanova sabe como medrar! E por iso vai a optar por Gonzalo Durán.