Ao César o que é do César. Mateo 22:21

Por se algún ministro da igrexa católica o esquecera.

 

Está moi feo que nun acto relixioso tan sinalado como a misa do Carme, o Cura da Arousa aproveite para arrimar a ascua á súa sardiña.

 

Na Arousa temos dúas escolas infantís de calidade como así o veñen demostrando desde fai moitos anos. Por unha banda A Galiña Azul, antes Galescola, centro público, laico e gratuíto, dependente da Xunta de Galicia. E por outra banda o Colegio infantil sonrisas y lágrimas, centro privado concertado, creado pola congregación que se instalara na Arousa das Hijas de la Caridad de San Vicente de Paul. Este último por falta de relevo xeracional pasou a mans da Parroquia para seguir mantendo o servizo e os contratos das traballadoras.

 

A galiña azul é unha obra literaria infantil de Carlos Casares. Foi unha das primeiras obras editadas en galego dirixidas ás crianzas. Carlos Casares baixo a aparencia de conto infantil, reflexiona sobre a intolerancia e a inxustiza e a favor da diversidade social.

 

As veciñas e veciños son libres de levar ás súas crianzas a calquera dos dous centros cos que afortunadamente contamos na Arousa, e que así sexa por moitos anos.

Ao César o que é do César. Mateo 22:21

Te puede interesar