Só falta votar

Un método útil para convencer é a persistencia. Probablemente non sexa o máis limpo, e seguramente non consegue efectos a longo prazo, pero insistir e insistir nunha idea termina por ser un modo bastante contundente para conseguir un obxectivo. Esto pasa tamén en procesos electorais. 


Nestas semanas escoitarán e lerán vostedes de maneira repetida que non hai nada que discutir nas eleccións galegas, que está todo feito, que non hai incerteza e que nada do que vostede faga vai cambiar as cousas. É unha estratexia que conta con poderosos aliados, altofalantes que serven para desincentivar e tratar de que ninguén tome en serio nada do que pase. Semella que hai quen pensa que as cousas estas raras sobre quen goberna deben quedar en segundo plano e xa haberá algúns que, por dereito divino, teñen o destino de gobernar e que xa xestionan eles.


Nada máis lonxe da realidade. Se alguén quere convencerme de que non opine de algo, eu sinto especiais ganas de facelo. Se algúen quere que eu non participe, motívame máis para facelo. Especialmente se alguén quere evitar que tomemos parte con decisión sobre quen debe gobernar, seguramente é porque quere facelo sen vixiancia nin discusión, e iso non cheira ben.


Por que sucede todo esto? Porque soamente hai unha estadística real nas vindeiras eleccións autonómicas: se votamos, hai unha clarísima opción de cambio. Moi real. Por iso a realidade é que a participación é o que explica calquera resultado. Segundo calquera enquisa, estudo ou análise, menos da metade da cidadanía que opina de política considera que o PP debe seguir gobernando. Onde está a súa oportunidade? En que vostede, que ten ideas de progreso e cre que Galicia está en certa parálise e cerca da resignación, vaia a votar. Se vostede vai a votar, Galicia gañará. E aí está a clave real e absoluta destas vindeiras eleccións, en saber quen quere que se vote e quen non. Convocar unhas eleccións con media campaña no Nadal e a última semana en carnavais xa evidencia que o actual presidente, interino, non quere que ninguén fale do asunto. Pois será que os demáis temos na nosa man falar, e a maioría quere cambio. Pois o cambio xa está aquí, só fai falta votar. 

Só falta votar

Te puede interesar