Faremos Boom Boom

O choio ese de Eurovisión é un negocio privado financiado con cartos públicos, pero que é capaz de darnos labazadas de realidade. Fixemos boom boom, e vimos zoom zoom ou quizais a contrario, non sei, pero si fumos quen de entender como funcionan as cousas neste país e tamén como funcionan en moitos concellos.


Catro listos, ou doce, dá igual a cantidade, é sempre menor que a maioría social, manipulan e utilizan as regras para garantir os negocietes de catro, ou para perpetuar o seu modelo. Sempre co diñeiro de outros ou se é de todos mellor que mellor.


A única diferencia entre Benidorm e algúns gobernos municipais é que foi retransmitido e percatámosnos do tongo. Pero algo similar acontece en despachos onde se toman decisión diarias sobre o destino dos impostos muncipais. Máis do 50% da contratación municipal é adxudicación directa, unha utilización excesiva que tamén se aplica en contratos negociados sen publicidade, convenios e acordos de salón, non son outra cousa que perverter a norma para garantir os intereses electorais dun partido e que van en contra de mellorar a calidade de vida da maioría, dá igual que falemos de música ou de política. Esta perversión faise para garantir a continuidade do status quo en lugar de apostar polo mellor para todas. Estamos a retorcer a norma de forma obscena por meros intereses electorais, económicos ou aparentemente musicais.


Perdeu o país, perdou Galicia, gañaron as contas de beneficios. De igual forma que perde o interese común e gañan os interese partidarios, igual é o momento de indignarnos con todo o que nos sucede e non só co retransmitido.

Faremos Boom Boom

Te puede interesar