vindeira semana comeza a campaña electoral. As persoas votantes en Vilagarcía so dispoñen de dúas opcións, todo o mundo da por descontado que o partido máis votado será o de Alberto Varela. Eu, tamén. Pero todos sabemos que o PSOE vai perder a maioría absoluta. Sendo isto así, algo que se palpa en cada conversa, en cada parque, en cada reunión de amigos, só quedan dúas alternativas: quen non queira que Alberto Varela revalide a súa maioría absolutista deberían votar a organizacións que non regalen o voto por cogobernar a calquera prezo. O BNG vai pactar si ou si con Alberto Varela, son reféns da Deputación e dos compromisos do seu partido. Nun caso similar está Podemos, que cree aspirar a copiar o modelo da coalición do Estado. En definitiva, ningún dos dous vai poñer condicións a Alberto Varela. Se pode contar con eles a diferencia entre antes e agora será mínima. Opción de verdade só queda unha: os que non estamos dispostos a tragar, os que non queremos gobernar a calquera prezo, os que queremos aparcar…. O cemento, os que non entendemos que unha soa familia de Vilagarcía por estar os dous no goberno ingresa case 95.000€ cada ano, os que estamos fartos de que teñamos sete liberados do goberno que traballan de 10 a 14 horas entre todos, os que non compartimos que se utilice o goberno local para facer turismo político por todo o estado a nosa costa.
En definitiva os que queremos unha Vilagarcía para a xente, con prazas públicas en residencias e centros de día, con recursos para os mais necesitados, un pobo onde alugar ou comprar unha vivenda non sexa tarefa imposible, un lugar onde se poida traballar. Hoxe Vilagarcía non ofrece oportunidades de emprego para a xuventude. En definitiva os que queremos unha Vilagarcía para todos e todas onde se poida traballar e vivir e sen que o cemento decorativo sexa o principal obxectivo electoral do seu goberno.
Unha aperta, e xa sabedes o que podedes facer para mudar as cousas ;)