Jorge Casal, un referente no persoal e na política

Cando esta mañá fun conocedor do falecemento de Jorge Casal Pintos foron moitos os recordos que me viñeron á cabeza, así como unha sensación de enorme tristeza que só o tempo será capaz de diluir. Jorge era un gran amigo e foi un extraordinario alcalde, o primeiro alcalde en democracia no Concello de Meis. Fixo un magnífico traballo e foi para min e para moitos un auténtico referente e un espello no que mirarnos. Marcou un camiño que seguiron outros, como o seu sucesor José Luis Pérez Estévez.


Pero os meus pensamentos non se van ó Jorge político. Todos os que o coñecían coincidirán conmigo en que si por algo destacaba Jorge era pola súa enorme valía humana. Sempre conciliador, nunca unha mala palabra, sempre entrañable, tanto el como a súa esposa Lolita e toda a súa familia. Sen dúbida un exemplo para todos.


As maiorías absolutas coas que sempre gobernou non impedían que xestionase con moderación, con bo talante e con ese afán conciliador tan característico seu. E que Jorge era profesor. Mellor dito, era un excelente profesor. E esa labor educativa e formativa que levaba a cabo dentro do colexio do Mosteiro, tamén a poñía en práctica na xestión política e, en definitiva, na súa vida.


Por algo é unha persoa querida por todos en Meis, independentemente da cor política. Era unha moi boa persoa para todos. E así gobernou o concello, en beneficio de todos os cidadáns de Meis. Quero agradecer especialmente a todos os veciños das parroquias de Armenteira, San Martiño, San Salvador, San Lorenzo de Nogueira, Paradela, San Tomé de Nogueira e San Vicente de Nogueira que o avalasen coa súa confianza permitíndonos desfrutar da súa valía como alcalde, primeiro con Coalición Democrática, logo en Alianza Popular e despois co Partido Popular. 20 anos dunha extrardinaria xestión.

Unha valía demostrada tamén como deputado provincial defendendo os intereses de O Salnés.


Hoxe tócame despedir a un referente persoal e político. Pero pode estar moi tranquilo e orgulloso porque deixa aquí un gran legado. Quédanos a todos a lección de vida que nos deu o profesor.


Jorge Casal, un referente no persoal e na política

Te puede interesar