O mesmo lume de sempre

Despois do drama visto en O Courel ou en Valdeorras, co incendio máis grande rexistrado na nosa historia, e o que nos últimos días entraba por Verín dando medo, o lume chegou tamén á nosa comarca. E chegou con rabia engadida por ser, una vez máis, o mesmo lume de sempre.


É o mesmo lume que prende entre Castrogudín e Saiar, o que percorre monte ata chegar a Fontefría e, polo outro lado, ata rodear o Pousadoiro. O mesmo lume que ameaza con cruzar a carretera, que desta vez cruzou, e que levar o temor e pánico ás parroquias próximas. O mesmo lume que obrigou a desaloxar e que mantén en vilo á mesma zona. Sempre. O mesmo lume que un ve á vez que observa una lingua de lapas no Barbanza que volven a asolar á outra banda da ría. Unha e outra vez, como hai 6 anos, como no 2006 (daquela tan enorme…).


Xúntase tanta desesperación como rabia, por saber que resulta demasiado curioso que prenda no mesmo lugar e da mesma maneira. Pero tamén por saber que, como apuntaba un veciño da zona durante a mesma noite que nos tivo en vilo, “hai terras aí que dende o último incendio hai 6 anos non se lles tocou nada. Volveu a crecer a maleza sen control”. Iso tamén da rabia, o saber que hai lugares do monte sen coidar, que son propicios para arder, e que o descontrol e a falta de coidado non sexan vixiados.


Toca axudar, especialmente con aqueles que tiveron que ser desaloxados, e cos que perderon tanto como algunha nave que ardeu. Toca, tamén, agradecer aos que loitan en primeira liña xogándose o tipo. Toca incluso esperanzarse cando un ve a veciños entrar ás peores zonas para sacar vivos aos animais, coma os cabalos aos que varios veciños de Castrogudín levaron para outra zona. Toca crer que será a última vez. Pero para elo toca, sen ningunha dúbida, que non sexa unha vez máis na que repitamos a mesma rutina pesarosa. Coidados, vixiancia, limpeza, profesionais responsables do monte ben equipados todo o ano e decisión. Moita decisión é necesaria por parte de quen corresponde. De non ser así, en canto creza novamente a maleza e chegue un verano tan seco, volveremos a vernos nos mesmos lugares.

O mesmo lume de sempre

Te puede interesar