Outra vez o (demagóxico) debate dos salarios

O ataque furibundo contra a política que habitúan a facer os que preferirían que non houbese políticos e que mandasen os caciques de sempre contáxiase. Faino de tal manera que resulta habitual ver a xente que adica os seus esforzos a facer política pero que decide que un dos seus argumentos principais vai ser falar mal da política. Así vemos a partidos políticos menosprezar o traballo de concelleiros ou alcaldes/as con argumentos infantís que xamáis, pero xamáis, se aplicarían a si mesmos. 
 

Se comezamos polo principio é imposible negar que este debate non debería estar aberto nunca. Non sendo fácil, debería ser posible establecer salarios determinados e fixos para quen se dedique á acción política nos concellos. Evitaríamos o sempre escrupuloso debate de que existan persoas que deban poñerse o seu propio salario, que é problemático porque vai a haber sempre quen considere que os demáis deben cobrar menos. É unha posición que amosa un gran complexo, si, que é o de pelear para que o outro teña menos ou incluso deba ter problemas para facer un traballo…que os cidadáns decidiron que fixese en favor de todos. Absurdo por todos os lados.
 

Fixado isto vaiamos ao meollo. Deben controlarse os excesos? Si. Debe facerse con coherencia? Por suposto. Permítanme coller algún caso puntual. Durante moitísimo tempo en Cambados (agora estamos nese punto tamén) unicamente cobrou un salario o alcalde, e permítanme dicir que nin sequera corresponde coa súa responsabilidade. Alguén cree que xestionar un orzamento de varios millóns de euros, moverse entre as administracións, organizar celebracións multitudinarias (o Albariño) ou estar dispoñible a todas horas para os veciños é unha labor que non hai que pagar? Como podemos pedir disponibilidade e eficiencia sen pagar? Por que ten que baixarse o salario o alcalde de O Grove cando cobra menos que xerentes de empresas con menor volume orzamentario e clarísimamente menos nivel de responsabilidade persoal sobre a vida dos seus veciños?
 

Permítanme facer unha parada na miña Vilagarcía. Creo que calquera que teña falado estes días (ou noutras ocasións, que aquí todo o mundo ten dito moitas cousas nalgún momento) sobre os salarios de Vilagarcía debería, únicamente, acompañar unha semana da súa vida a algún concelleiro de goberno que non cobrará. Verá que poucos días está en casa cedo, ou que ten as fins de semana cheas de entregas de premios, eventos ou visitas a actividades. Verá que non collen máis vacacións que algunha ponte perdida. E aprenderá que gobernar 40.000 cidadáns e 27 millóns de euros é difícil sen cobrar. Aprenderán que non ten tanto xeito que existan varios traballadores municipais que cobran máis que o alcalde, e decenas deles que cobran máis que os concelleiros. Calquera que teña sabido como funciona unha empresa (os sindicalistas deberían, por exemplo) saben que os traballadores merecen cobrar segundo responsabilidades. Xa non quero lembrar o gasto público que xeraron algúns dos partidos que hoxe critican os salarios...dos demáis.
Por iso algúns somos coherentes: facemos propostas austeras cando gobernamos e facilitamos os salarios dos demais cando lles corresponde gobernar a eles. E sen esixir ningún a cambio, porque de obtelo non se nos ocurriría a hipocresía de non votar a favor.
 

Que fácil é falar do diñeiro...dos demáis.

Outra vez o (demagóxico) debate dos salarios

Te puede interesar