Semente nas aulas

“crianza consciente” é técnica dun enfoque educativo que busca establecer unha relación máis reflexiva, presente e conectada con énfase emocional entre as persoas adultas que crían (pais, nais, titores) e as crianzas. Concepto sostido na idea de que as persoas educadoras deben ser conscientes das súas propias emocións, pensamentos e comportamentos ao relacionarse entre e coas crianzas, e actuar de forma intencionada con empatía, en lugar de reaccionar impulsivamente.


Agora, co regreso ás aulas, atópanse moitos desafíos tanto para o alumnado como para as familias. Este período adoita xerar ansiedade, inquedanzas e presións, especialmente ao iniciar unha nova etapa educativa ou ao adaptarse a novas dinámicas con docentes e co resto da aula. Con todo, é posible abordar esta transición desde unha perspectiva máis positiva, substituíndo a educación baseada no medo por unha que promova o benestar emocional e o desenvolvemento integral.


Para iso, a chamada “educación e crianza consciente” propón un enfoque educativo centrado na autoestima e no desenvolvemento equilibrado. Nesta visión, quen educa exerce un rol clave como modelo de referencia, proporcionando ferramentas que favorezan un cómodo éxito persoal e social ao longo da vida. A educación debe crear un ambiente que fomente o respecto, a confianza e a aprendizaxe significativa, promovendo relacións saudables e un clima de seguridade emocional.


No comezo do curso, a adaptación ás rutinas e aos horarios constitúe un factor esencial. Mostrar confianza e serenidade contribúe a facilitar o proceso de integración na contorna escolar. A escoita activa, a comprensión das inquedanzas e a validación das emocións son clave para promover un ambiente de máis grande tranquilidade, reducindo as inseguridades e facilitando un axuste positivo.


Así, o benestar emocional fortalécese grazas a espazos de diálogo onde o alumnado pode expresar, ante educadores ou proxenitores, libremente as súas experiencias e inquedanzas sen ser xulgado. O establecemento de vínculos afectivos sólidos e o acompañamento axudan a crear confianza, promovendo que se sintan seguros e dispostos a compartir as súas necesidades. Este enfoque favorece a autorregulación e o desenvolvemento de competencias sociais clave para a convivencia.


O novo curso escolar pode, e debe, converterse nun proceso enriquecedor e moi equilibrado, centrado no desenvolvemento integral e no benestar de todo o alumnado. O sistema educativo,  non pode meter medo, todo o contrario ten que ser atractivo. A semente, se é boa, dá bo froito. Abofé.


Cada mochila conta unha historia e detrás de cada pupitre hai unha forma especial e diferente de empezar un novo curso. Porque o que se planta con coidado esmero, colleitase con abundancia e futuro. E se a aprendizaxe é semente regada coa curiosidade, o saber florece con forza e ilusión.

Semente nas aulas

Te puede interesar