A trampa da cocaína

A trampa da cocaína, alén do significado metafórico que advirte sobre os efectos devastadores do consumo dependente desta droga; é, para este caso, o título da novela de Salvador Soutullo que ten previsto realizar un acto de divulgación do libro este próximo sábado ás oito da tardiña, convidando aos lectores no local que O Faiado da Memoria ten número 27 da Praza de Ravella.


Soutullo Carolo, o autor, fillo de galegos nacido en Barcelona, articulista e colaborador en diferentes medios de comunicación, narra na nosa lingua unha historia que é, mágoa diso, lugar común ao que se enfrontan a máis grande parte da mocidade con titulacións universitarias que soportan un calvario de precariedade e inxustiza na súa lícita demanda de emprego, estable e coa calidade, da que son merecentes. Un dereito universal básico que lles é negado, unha e outra vez.


No relato abordado en “A trampa da cocaína”, o fío non vai do consumo, non. O mozo sobre o que se pon o foco da trama, licenciado en Filoloxía Galega sen posíbel actividade no seu eido de coñecemento, frustrado pola desventura de indignantes ofertas de traballo e desesperado pola imposibilidade de contar coa seguridade laboral que lle permita formar unha familia e vida independente, porque “o casado casa quere”, remata por se prestar a transportar un paquete de “atún branco”; e dicir, de cocaína, nunha proposta de diñeiro fácil que lle oferta un antigo colega.


Sen embargo, este primeiro e último traballo no mundo da “fariña”, rematar por se ver asaltado por unha emboscada da Garda Civil que o detén no punto da entrega porque realmente todo responde a unha filtración interesada dos seu propio contacto, ben para desviar atención colocando á policía sobre un obxectivo de fácil detención, entanto de produce a operación principal noutro lugar, como se esta respondese a un acordo concertado creando imaxe pública.


Así e todo, no cento de páxinas da noveliña o autor fai un percorrido vertixinoso por multitude de lugares, dende os que resultan máis próximos a nós nestas paraxes das Rías Baixas, con nome real ou facilmente identificábeis, pasando logo polos da imaxinaria cárcere, o tradicional foro xudicial que trata dos delitos de narcotráfico e, finalmente, unha vez excarcerado o protagonista, á súa relativa estabilidade e promoción laboral na emigración, neste caso en Barcelona, a cidade que tan ben coñece o relator por ser na que desenvolve a súa vida. E de paso, aínda pola festa do San Fermín pamplonés con parada en Zaragoza e mesmo na francesa de Prada de Coflent.


As personaxes que se relevan no relato son memoria fresca da nosa historia do tráfico de drogas. 


Conviven cunha cadea de mensaxes sociais que van do laboral ás pensións mínimas, cun acento especial na reivindicación da estatutaria Policía Galega que no relato será o destino final deste mozo, pasando de estar preso pola “trampa” da droga a ser policía para combater ao narcotráfico.

A trampa da cocaína

Te puede interesar