Unha muller galeguista dunha xeración irrepetible

Coñecín a miña benquerida e prezada amiga e irmán galeguista Mª Dolores Sáenz Fernández, alá polo ano 1982 -tiña eu 22 anos e ela 60- foi co gallo de entrar eu a formar parte do Partido Galeguista - vai facer xa 40 anos- que presidía por aquelas datas o prócer intelectual galeguista boirense D. Ramón Martínez López, membro das lrmandades da Fala, fundador do Seminario de Estudos Galegos en 1923, do Partido Galeguista no noso nacemento en Pontevedra os días 5 e 6 de Nadal de 1931 e, da Fundación Castelao en 1984; da que será xunto a Teresa Castelao (irmá de Daniel Alfonso Manuel Rodríguez Castelao, o pai da Nosa Pátria) o seu primeiro presidente. Por certo, D. Ramón está soterrado no camposanto de Carril, de dónde era natural a súa muller lsabel.


Pois ben, “Loly” ao igual que a poetisa da Ría de Arousa “Xaquina Trillo” nada en Vilagarcía, formaban parte dun grupiño de mulleres desta localidade arousán que acudían regularmente aos actos que o Partido Galeguista celebrábamos por Galicia adiante, xuntándose con outro grupiño tamén de mulleres da cidade de Pontevedra que encabezaba outra gran muller galeguista, refírome á mestra de ensino Daría González, quen fora primeira Tte. Alcaldesa na capital da provincia nas primeiras eleccións municipais da transición democrática (19791983) en representación do Partido Galeguista na coalición denominada Unidade Galega. Recentemente a Deputación Provincial decideu darlle o seu nome “Mestra Daría González” ao CEIP Príncipe Felipe, dependente deste organismo provincial. Destes dous grupiños de mulleres galeguistas destacaron sempre polo seu compromiso co Partido Galeguista, “Loly Sáenz” e “Daría González”. De feito as dúas formaban parte en representación das súas respectivas agrupacións (Vilagarcía e Pontevedra) da dirección do P.G., a Executiva e o Consello Nacional, máximos órganos de dirección do partido. Eu fun testigo destes feitos porque tamén formaba parte deses mesmos órganos de dirección. As dúas eran persoas moi activas, propoñendo e participando dos debates que se suscitaban por aquelas datas (segunda metade da década dos anos 80 e primeira dos 90). Era una época de ilusión, de intensa e efervescente actividade política...”pensábamos que podíamos cambear o mundo, e en consecuencia o do noso país chamado Galicia....”. Daría deixounos no ano 1999 a edade de 89 anos e “Loly” ten hoxe 99.


O galeguismo a “Loly” vénlle de familia. Ven sendo curmán de dous galeguistas moi destacados, os lrmáns Xurxo e Xoaquín Lorenzo Fernández “Xocas”. O primeiro finou moi novo no ano 1934 á edade de 24 anos. Xoaquín vai destacar como etnógrafo, estudoso das costumes, tradicións e xeito de vida d@s galeg@s. Formará parte do Seminarlo de Estudos Galegos e da Real Academia Galega; xunto ao seu irmán Xurxo e outros destacados galeguistas de Ourense, R. Otero Pedrayo, Vicente Martínez Risco, Florentino López Cuevillas etc., participan da fundación do Partido Galeguista en nadal de 1931. Asemade “Xocas” será a “alma mater” da creación do Museo do Pobo Galego e o seu primeiro presidente. Foi precisamente “Loly” quen me presentou ao seu curmán “Xocas”, comezando así una amistade estre nós, que a pesar da edade que nos separaba (53 anos), só rematará co seu pasamento no ano 1989. No percorrer destes anos (19821989), Xoaquin Lorenzo colaborará intensamente a través dos seus artigos na revista que as agrupacións do P.G., de O Grove e Vilagarcía confeccionábamos a mán e imprimíamos nunha multicopista na cidade de Vilagarcía.


A relación persoal que mantiven e manteño con “Loly” vai máis ala da meramente política. Tanto eu como a miña dona Encarna e fillos, mantemos una forte e fraternal amistade que foise afondando e incrementándo co paso dos anos, ou como decía o meu amigo e gran poeta Manuel Lueiro Rey....”esa amistade profunda e entrañable que se forxa co paso do tempo e que se vai trasmitindo de pais a fillos....”. Nun principio comeza pola militancia de nolos dous no Partido Galeguista e continúa pola fonda relación co seu home Adolfo LLovo Santos, Catedrático de Instituto e primeiro director do Instituto de Ensino Medio Profesional de Vilagarcía (19521960), merecedor da Medalla de Alfonso X O Sabio, en recoñecemento ao seu bó facer e aos seus méritos académicos en pro do ensino. Foille imposta polo que era naquel entón Presidente do Governo do Estado, Mariano Rajoy. De igual xeito, tanto eu coma a miña familia, seguimos profesando hoxe esa amistade coas súas dúas fillas Mari Loli e Barbara.


“Loly” forma parte daquela xeneración de homes e mulleres da postguerra que tiveron que vivir un época terrible, salvaxe, irracional, producto da guerra “Incivil española do 36”, na que se viron enfrentadas familias enteiras, pais e irmáns contra Irmáns. Eu ala por dónde vou manteño sempre que “foi unha xeneración irrepetible” pola valentía que amosaron no tempo que lles tocou vivir. Oxalá nunca xamáis se volva a repetlr, nin por asomo, algo parecido. Coa miña entrañable e querida amiga e irmán “Loly” remata a presenza física dunha xeira de mulleres coas que teñó convivido moi profundamente, e que me ensinaron a loitar na defensa e no recoñecemento desta nosa bendita Terra Galega, sen necesidade de fomentar radicalismos trasnoitados; ensináronme a querer e loitar por este país chamado Galicia no que naceron, viviron e están soterrados os nosos ancestros, e no que se Deus o permite, algún día tamén o estaremos NÓS.


iSaúde e Terra!


*Francisco López Chesqui é Secretario Xeral do Partido Galeguista e membro fundador, entre outras, das Fundacións Castelao, Alexandre Bóveda e Sotelo Blanco.

Unha muller galeguista dunha xeración irrepetible

Te puede interesar