lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Podemos denuncia o desleixo co galego por parte dos socialistas

A voceira de Podemos, María de la O Fernández

"Desleixo sistemático co galego" e "incumprimento da Lei da Normalización Lingüística" son dúas das críticas que o grupo municipal de Podemos- Marea da Vila fai sobre as políticas culturais dos socialistas vilagarciáns.


En concreto, fan referencia a dous eventos que se están a levar a cabo, ou se levarán a cabo proximamente, no municipio. É o caso da feira do libro e do Atlántic Fest.


No primeiro dos casos, a formación que lidera María de la O Fernández González afea que no material de homenaxe a Domingo Villar se elixira unha obra traducida ao castelán, cando o autor escribía principalmente en galego. "Isto é un indicativo da falta de compromiso do PSOE coa lingua galega", insiste a concelleira morada.


Sobre o segundo caso, Podemos sinala que "a carteleira de promoción do Atlantic Fest circula complemtamente en castelán" dándose incluso a "aberración lingüística" de deturpación de topónimos, como "Playa de la Concha".


"Que fai a concelleira encargada de velar polo cumprimento da lei? O seu deber é o de esixir que os eventos que reciban subvencións municipais cumpran coa mesma e informar no caso de que non sexa así para que se corrixa", apunta María de la O Fernández.


Aseguran desde Podemos que non son os únicos casos e que "en varias ocasións" se puxeron en contaco co goberno local "para informarlles de erros ortográficos e relativos a uso do galego nalgunhas publicacións", así como en actas da Xunta de Goberno Local ou documentación e informes complementarios das concellerías.


Por elo, reclaman ao goberno local "rigor para cumprir a súa propia normativa". Tamén que se acelere o proceso para cubrir a praza de técnico de normalización lingüística, que leva vacante polo menos dous anos.

Podemos denuncia o desleixo co galego por parte dos socialistas

Te puede interesar