Alberto García: “É máis doado ser alcalde agora que cando comecei, fai trinta anos”

Alberto García: “É máis doado ser alcalde agora que cando comecei, fai trinta anos”
Diario de Arousa-2019-05-16-008-bcca1352

Alberto García é xa todo un veterano na loita electoral. A súa primeira campaña foi no ano 89. Trinta anos despois confesa que a iliusión segue a ser a mesma, aínda que as cousas cambiaron. Unha delas afecta, precisamente, ao que o socialista chama “marketing” electoral. Pero García prefire o cara a cara cos veciños ao Facebook. “Ás redes sempre van os mesmos, parece que se contentan con lerse a eles mesmos”, di mentras busca o papel no que ten anotado, a boli, os resultados das eleccións xerais. “En Catoira sempre gaña a esquerda”, presume. Polo momento, non se pon data de caducidade. “O home propón pero deus dispón”, apunta.

Supoño que será unha situación totalmente diferente á de 1989...

Si, é moi distinto. Agora a democracia está asentada. Os concellos daquela non tiñan competencias e estaban abandonados e agora é totalmente distinto. Catoria presta moitos servizos aos veciños. É máis doado ser alcalde agora que fai trinta anos.
 
En canto a este mandato que está a rematar, ¿con que balance presentarase a os veciños? 

Temos cumprido máis do oitenta por cento do programa e proxectos novos, algúns xa en marcha, como o centro de activación das Torres do Oeste, que está nun lugar estratéxico. Non so traballamos con luces e cemento, tamén coa cultura. Neste ano editamos catro libros. 

¿Que ten que dicir sobre as críticas do BNG sobre a contratación dun exconcelleiro socialista como administrativo?

O que está claro é que si na plaza entrara alguén do bloque non pasaba nada, pero como é do “soe” hai que levar a contraria. Eu non presidín o tribunal nin había nel ningún político da Corporación. O que chegou á praza é un home moi preparado.

O candidato do PP di que hai trato de favor no uso dos locais municipais...  

É unha falsedade absoluta. É un local do Concello adicado á escola teatro. Ninguén vendeu ningún traxe, so se pide unha fiana. O problema é que se chega aos sitios sen coñecelos. Estase estudando tomar algunha medida.

¿Como é a relación coas outras administracións?

Un dos problemas máis grandes foi o abandono sanitario da Xunta. Custoume moito no seu momento dotar ao centro de saúde de dous médicos, dous ats, un celador e un pediatra. Iso conseguiuse coa xestión do Concello e nos últimos anos faltou personal.

Alberto García: “É máis doado ser alcalde agora que cando comecei, fai trinta anos”

Te puede interesar