Alumnos do CEIP San Clemente de Caldas gañan o Concurso Micromuseo da Deputación

Alumnos do CEIP San Clemente de Caldas gañan o Concurso Micromuseo da Deputación
O grupo de escolares do colexio no acto de recepción do premio | Cedida

Un grupo de escolares do CEIP San Clemente de César, de Caldas, obtivo o primeiro premio  do Concurso Micromuseo da Deputación na categoría do alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, coa peza “O Misterio de Sarria”. Os rapaces recibiron esta mañá o premio de mans do vicepresidente da administración provincial, Rafa Domínguez, e a responsable do departamento de educación do Museo de Pontevedra, Sabela Santos Filgueira. O recoñecemento inclúe a dotación 1.000 euros para o centro, ademais de tabletas para os nenos do equipo e un lote de libros do Museo.


O microrrelato “O Misterio de Sarria” presenta unha viaxe a travñes do tempo para desvelar o misterio da Estela de Sarria, unha das pezas máis destacadas da colección arqueolóxica do Museo de Pontevedra. Un minucioso traballo co que se impuxeron na súa categoría e cuxo audiovisual está dispoñible no canal de Youtube do centro escolar.  

 

Con este certame, o Museo de Pontevedra conmemorou o Día Internacional dos Museos, que tivo lugar o pasado 18 de maio baixo o lema "Museos pola educación e a investigación".

Alumnos do CEIP San Clemente de Caldas gañan o Concurso Micromuseo da Deputación

Te puede interesar