Ana María Cancelo: “Traer a Casa do Maior é darlle vida á parroquia e a edificios sen uso”

Ana María Cancelo: “Traer a Casa do Maior é darlle vida á parroquia e a edificios sen uso”
Ana María Cancelo é a promotora da Casa do Maior “As Goletas” de Sequeiros, en Saiar

Ana María Cancelo é de Saiar e será a encargada da Casa do Maior que a Consellería de Política Social e o Concello de Caldas acaban de pór en marcha no lugar de Sequeiros. Un servizo ao que poden optar todos os veciños da localidad e que xa ten a inscripción aberta.


Como comezou esta aventura. En que momento se embarca na idea dunha Casa do Maior?

Pois foi xa no ano 2020, pouco antes da pandemia. O Concello púxose en contacto conmigo e eu aceptei dende o principio porque me pareceu unha iniciativa moi boa. Eu son auxiliar de Xeriatría e de Enfermaría, aínda que son titulacións que non fan falla para dirixir isto, pero si estou familiarizada con este mundo. Pouco despois da proposición pois veu o confinamento e todo se retrasou.


Ten experiencia neste ámbito, entonces.

Si, estiven traballando un tempo cunha persoa con problemas de mobilidade. En canto me propuxeron isto non dubidei en dicir que si.


Como se conseguiu o local?

O do local foi despois. A Consellería de Política Social aprobou os fondos para pór en marcha bastantes casas do maior en toda Galicia. Unha delas é esta. Despois de que xa me propuxeran estar e eu aceptar a Comunidade de Montes foi a que decidiu doar as instalacións desta casa para poder facer aquí todas as actividades e, digamos, para que fose sede desta idea. Aprobárono e despois fixéronse os traballos para adaptar as instalacións.


Para quen está pensada esta Casa do Maior?

O perfil dos usuarios debe ser de maiores de 60 anos que teñan recoñecido algún grado de dependencia. Tamén poden non tela e aceptalos xa depende da valoración dos Servizos Sociais. Poden estar aquí oito horas ao día de luns a venres e tamén temos servizo de comedor. Estar é gratis e se queren comer pois son 5 euros. Aquí haberá actividades e é unha boa forma de que interactúen enter eles.


As instalacións están en Saiar, pero poden vir veciños doutros puntos do municipio?

Si, claro. Eu creo que que este tipo de servizos estean nas parroquias axuda moito a que as persoas que son do rural teñan máis facilidade para acceder. Eu estou contenta de que isto se faga en Saiar, a verdade. Porque tamén se lles dá vida a instalacións que doutra forma estarían en desuso. Evidentemente pode vir xente doutros puntos de Caldas porque para iso está pensado. Tamén facemos a xornada de portas abertas para iso, para que veñan e comproben as facilidades.

Ana María Cancelo: “Traer a Casa do Maior é darlle vida á parroquia e a edificios sen uso”

Te puede interesar