O Concello de Caldas iniciará nos próximos días a mellora de servizos básicos no núcleo de Soutelo de Abaixo. O alcalde, Jacobo Pérez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Ortigueira, visitaron a zona na que se levarán a cabo melloras do saneamento de residuais, pertencente á parroquia de Saiar. O comezo dos traballos é inminente, tal e como explicou o propio rexedor, que lembrou que a actuación conta cun prazo de execución de catro meses. Polo tanto, sempre e cando non se produza ningún imprevisto, os novos servizos estarán operativos ao longo do vindeiro outono, sinalan fontes municipais. Nos últimos días, o goberno remitiu unha carta informativa ás persoas residentes da contorna, na que se anuncia o inicio dos traballos. Será a empresa Excavaciones y Construcciones Pérez Portela Sociedad Limitada a encargada de levalos a cabo.
O orzamento ascende a de 327.688,42 euros, co IVE incluido, e o proxecto se financia a través do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra. Na carta, o Concello agradece a “comprensión e colaboración” ante as posibles molestias que poidan ocasionar as obras. Esta primeira fase contempla a ampliación da rede de recollida de augas residuais, para poder dirixilas á EDAR. Continuará en fases posteriores.