Catoira ficha a Heredeiros da Crus como un dos pratos fortes da Vikinga

Catoira ficha a Heredeiros da Crus como un dos pratos fortes da Vikinga
Os Heredeiros da Crus son uns grandes coñecidos na comarca e tocaron case todos os escenarios

A Festa da Vikinga contará este ano cun plantel musical de luxo nunha volta absoluta á normalidade desta celebración de Interese Turístico Internacional. Os Heredeiros da Crus, o mítico grupo galego de Ribeira, é un dos concertos programados para a primeira fin de semana de agosto na que se concentran os principais actos desta celebración cunha forte raigame histórica. Así pois “Os máis jrandes” –como os denominan os seus seguidores– estarán en Catoira sumándose a outros nomes xa confirmados hai semanas coma o das Tanxugueiras. As artistas galegas máis aplaudidas neste ano 2022 chegarán ao municipio vikingo da man do Musigal da Deputación de Pontevedra.

Alomenos de momento a cita de Catoira é a única na que os veciños da comarca do Ulla-Umia e tamén do Salnés poderán vibrar coa música dos Heredeiros. Está por confirmar a data exacta e tamén a localización na que se ubicarán este ano os concertos. Cabe recordar que nas últimas edicións –ben fose polos cambios no goberno local como polas restricións marcadas pola pandemia do coronavirus– algunhas das actuacións tiveron lugar no entorno das Torres do Oeste e outras na Praza que hai moi próxima ao edificio do Consistorio.

Os Heredeiros son uns vellos coñecidos en Arousa, dado que actuaron en citas de renome como a Festa do Albariño, o festival Revenidas ou a Festa da Dorna entre outros.

Pola súa banda as favoritas do público no Benifest tamén estarán na Festa do Albariño en Cambados, en Revenidas e na Illa. Un verán cargado de música galega e en galego.

Catoira ficha a Heredeiros da Crus como un dos pratos fortes da Vikinga

Te puede interesar