Jacobo Pérez: “Trataremos de recuperar esa confianza que o veciño ten que ter na política municipal e nas persoas que estamos aquí”

Jacobo Pérez: “Trataremos de recuperar esa confianza que o veciño ten que ter na política municipal e nas persoas que estamos aquí”
Jacobo Pérez Gulín converteuse o pasado luns no cuarto alcalde de Caldas desde o inicio da democracia | Gonzalo Salgado

Jacobo Pérez Gulín —veciño de Arcos da Condesa e de 43 anos— asumeu o pasado luns o cargo de alcalde de Caldas de Reis tras a renuncia do histórico rexidor socialista Juan Manuel Rey despois de 18 anos brandindo o bastón de mando. Co seu nombramento, o Concello inicia unha segunda parte do mandato marcada polo relevo xeracional e que terá como obxectivo principal, nas súas propias palabras, desvincularse de ese tipo de política que provoca rexeitamento aos veciños, aos que promete proximidade e cercanía: “Case todos teñen xa o meu teléfono”.

 

Como afronta esta nova etapa como alcalde? 
Con moita ilusión e con gañas de empezar a proxectar xa cousas propias de cara ao futuro e de seguir mellorando Caldas

 

Falouse moito de continuidade durante estos días, pero que cre que marcará o seu mandato?  
A continuidade ten que habela porque dicir o contrario sería despreciar 45 anos de progreso en Caldas, especialmente no modo e nas formas, que queda reflexado no lema de “Un Concello de portas abertas”, que mostra a cercanía cos veciños, o que ten que continuar de cara ao futuro. Tamén é certo que cando hai un relevo xeracional como este, ten que haber moitos cambios, sobre todo porque hai que adaptar á política actual cousas que, loxicamente, antes non eran así. O punto principal no que nós nos centramos é en tratar de recuperar esa confianza que o veciño ten que ter na política municipal e nas persoas que estamos aquí, no sentido de ese malestar en xeral que hai coa política, tamén no ámbito nacional. Tamén é importante trasladar que hoxe en día hai moitísima máis burocracia e eso retrasa o noso traballo. Temos un montón de proxectos pendentes de permisos sectoriais e hai que continuar con eles: sexan aparcamentos, que son importantes para a vila, sexa o parque do maior, ou otros proxectos, como a praia fluvial.

 

Con respecto aos retrasos nos permisos, como é a relación do Concello coas outras administracións, como o caso da Xunta? 
Non podo falar de problemas con outras administracións, pero si é certo que os permisos que nós temos solicitados son lentos, pero non creo que sexamos peor tratados que ninguén.

 

Actualmente hai moitos proxectos de calado sobre a mesa, especialmente a ansiada construción do novo centro de saúde... 

Con respecto ao centro de saúde, estamos á espera de que nos chamen desde a Xunta para firmar o convenio, que esperamos que chegue durante este mes de xaneiro. Como proxecto grande está ese e o instituto, que xa está en marcha, e outras actuacións pendentes tanto en saneamento coma no casco urbano, coa reforma que proxectamos en Campo da Torre ao amparo do Plan Extra da Deputación. Tamén nos marcamos como obxectivo acadar a ponte peatonal sobre o Umia e dar a saída a estrada que une a N-640 co instituto e estamos valorando a adquisición de terreos ou edificacións para promover vivendas sociais e intentar desconxestionar un pouquiño os prezos.

 

Ademais destas actuacións, o Concello iniciará este ano outros proxectos... 
Si, en canto ao Plan +Provincia, seguiremos apostando polo saneamento, posto que hai moitas zonas que aínda carecen de alcantarillado. E poñeremos o foco no mantemento, están funcionando moi ben os traballos de limpeza no rural e nas beirarrúas da vila e seguiremos nesa liña. De feito, compramos recentemente un equipo para realizar estos traballos. Tamén coa continuación da recuperación do río e a coa idea de facer a praia fluvial e a recuperación do Malecón, así como en infraestructuras de ocio, coma os parques infantís da Plazuela e da Tafona, a recuperación da pista multideporte e o parque da terceira idade, tamén na Tafona; o proxecto da Carballeira e o Xardín xa se está poñendo en marcha... Agora a cuestión é que todos estos proxectos que xa están sobre a mesa vexan a luz.

 

Estanse producindo movementos para acadar chan industrial?

Desde o Concello e Zona Franca, antes das eleccións pasadas, plantexouse a posibilidade de facer un estudo de viabilidade para o polígono de Carracedo. Sen embargo, ante a situación de As Veigas de Almorzar, onde xa hai un asentamento empresarial, pedíuselle a Zona Franca que nos asesoraran sobre como facer a legalización e, a maiores, tamén xurdiu a posibilidade de ampliar o polígono de O Pousadoiro, que agora centra as actuacións, sempre co obxectivo final de que Caldas teña chan industrial.

 

Como socio de goberno, como é a relación co BNG?

É lóxico que haxa dous puntos de vista distintos, senón seríamos do mesmo partido, pero dentro de esa pluralidade hai cordialidade e respecto suficiente para que a relación sexa boa. Dentro das áreas de cada un decide cada un, aínda que soe haber un consenso.

 

Unha vez se incorpore o novo concelleiro, realizarase unha redistribución nas áreas do PSOE? 
Si, as nosas áreas de algunha maneira redistribuiranse, pero non vai haber cambios maiores, máis cando estamos xa no medio do mandato.

 

Actualmente conta cunha dedicación parcial, subirase o soldo ao asumir o cargo de alcalde? 
Vai seguir da mesma maneira, non consideramos que sexa preciso ter unha dedicación a tempo completo. 

Jacobo Pérez: “Trataremos de recuperar esa confianza que o veciño ten que ter na política municipal e nas persoas que estamos aquí”

Te puede interesar