Luisa Piñeiro: “O que chaman Nova Deputación quitoulle a Moraña o que lle correspondía”

Luisa Piñeiro: “O que chaman Nova Deputación quitoulle a Moraña o que lle correspondía”
Diario de Arousa-2019-05-15-008-b70c7234

Luisa Piñeiro encabeza de novo a lista do Partido POpular coa intención de revalidar o seu terceiro goberno en Moraña, Asegura que o fai co aval do programa cumprida e cun proxecto que pasa por  avanzar nos pasos dados no social e no económico. A recuperación de A Pontenova e As Laxes é unha das súas propostas

¿Con que balance se presenta o PP de Moraña aos veciños? 

Podemos destacar datos tan importantes como a baixada do paro nun 40 por cento. levamos a cabo o inicio do despregue da fibra óptica, obras de eficiencia enerxética, atendimos a todos os veciños valorados do servizo de Dependencia, puxemos en marcha unha unidade pública de Alzheimer. Poderiamos seguir enumerando, foi un balance positivo. Acadamos a execución de todas as propostas que levamos no programa. A espiña cravada foron os tres incumprimentos por parte da Deputación das estradas provinciais que nos gustaría ter rematadas no 2019.
 
Hai críticas sobre o seu enfrontamento coa Deputación...

Por parte do Concello e da súa alcaldesa non houbo ningún tipo de conflicto, pero si o tivo a Deputación con nós. En catro anos a presidenta da Deputación non foi capaz de reunirse coa alcaldesa. Cando eu falo do que recibiamos co goberno provincial do PP e o que recibimos desta “nova Deputación”, como eles lle chaman, pois non gusta. Temos unha concelleira do BNG de Moraña que forma parte dunha Deputación que por primeira vez na historia lle saca aos veciños o que lle correspondía. Un exemplo claro é  a estrada Mane- Rebón, que xa estaba en obra. 

¿Considera que en Moraña hai unha situación sanitaria estable? 

O noso concello foi un dos que sufriu o concurso de traslados dos pediatras. Unha vez que nos atopamos con ese problema estiven permanentemente en contacto co conselleiro de Sanidade. En canto apareceu un profesional cubriuse a plaza e xa volvemos á normalidade. Temos ese servizo cuberto desde o 18 de decembro e seguirémolo tendo. 

En caso de non haber maioría absoluta, ¿plantéxase algún pacto?

O meu pacto e cos veciños, como así foron estes oitos anos que estivemos gobernando. Eles dirán quen gaña as eleccións. No primeiro mandato xa gobernamos sen maioría absoluta.

Luisa Piñeiro: “O que chaman Nova Deputación quitoulle a Moraña o que lle correspondía”

Te puede interesar