Manuel Fariña volverá a ser candidato do BNG á Alcaldía de Caldas

Manuel Fariña volverá a ser candidato do BNG á Alcaldía de Caldas
Manuel Fariña é candidato á Alcaldía de Caldas polo BNG

Manuel Fariña volverá a repetir como candidato á Alcaldía de Caldas polo BNG. A asamblea local arropou de forma unánime ao nacionalista que asegura que "aspiramos a todo" y que "se palpa no ambiente un desexo de cambio, de rematar coas rutinas, a ineficacia e a falta de proxecto do PSOE de Juan Manuel Rey".

 

Fariña apunta que "estes últimos catro anos foron catro anos perdidos, sen pulsión, sen iniciativa, sen gañas por transformar o noso concello e sentar as bases para o seu desenvolvemento. Temos problemas crónicos, máis o alcalde e o seu grupo miran sempre para outro lado, en vez de enfrontar estes problemas e poñerse a traballar para buscarlle solucións".

 

Recorda o nacionalista que no ano 2020 o PSOE chegou a un acordo co BNG para aprobar os orzamentos municipais. Uns acordos que "supoñían un xiro radical na política municipal levada a cabo ate o de entón. Foron 10 puntos que, na súa maioría e dende o minuto 1, o PSOE se empeñou en incumprir".

Manuel Fariña volverá a ser candidato do BNG á Alcaldía de Caldas

Te puede interesar