Música, historia e teatro para unha Vikinga que renova a súa imaxe

Música, historia e teatro para unha Vikinga que renova a súa imaxe
diario de arousa-9999-99-99-999-4dcb45fb

O entorno das Torres do Oeste convértese estes días no epicentro da festa máis esperada polos veciños de Catoira. Una semana de actividades que comezaron o luns, co teatro a cargo da Escola Múnicipal Úrsula, e que culminarán o domingo cun broche musical de excepción.

Polo medio, un sinfín de actidades para todos os públicos e, como non, o tradicional desembarco. A festa asómase ao cambio de década, esta é a súa LX edición, cun cambio de imaxe. O colorido cartel mostra a unha muller saíndo da auga, nunha representación da festa que busca restar agresividade á promoción do evento.

A Fundación Rosalía de Castro colabora coa colocación dun panel que recolle os versos que a escritora de Padrón fixo ás Torres do Oeste



A coñecida actriz Isabel Risco será a encargada de dar o pregón, que terá  lugar hoxe venres ás nove da noite. Xa desde as sete, os máis pequenos poderán disfrutar nas Torres de obradoiros vikingos e do clown de Peter Punk. Tras o pregón, Jinetes del Trópico porán o toque musical cunha hora de concerto e, a continuación, comezará a representación de “Morte de Ulf Encantado”.

Mañán haberá espacio para o deporte, Comezará pola mañán coa cuarta edición da Regata “Memorándum Felipe Aragunde”, na praia fluvial de Catoira. Ás cinco da tarde terá lugar o descenso en piragua. 

Os nenos tamén serán protagonistas da xornada previa ao desembarco. Haberá xogos tradicionais e contacontos a cargo de Marta Ortiz desde as catro e media da tarde. O bardo Abelardo tomará o relevo para impulsar a imaxinación dos pequenos ás 19 horas e, ás 20, o cloeWm correrá a cargo de Pajarito.

Xa ás nove da noite, e sen contar coas actuacións musicais, terá lugar outro dos clásico da Romaría, a Cea Vikinga. Ás doce da noite comezará o espectáculo “Tambores de lume”.

O desembarco

Será o domingo o día grande das festas, coa dramatización do Desembarco, que comezará ás 12:30 horas. Vikingos e catoirenses volverán a representar as invasións que sufriu a localidade hai uns mil anos e como consecuencia da súa estratéxica situación privilexiada para o comercio. Cinco barcos participarán nesta importante cita, que faise desde o ano 1960 e conta co selo de interese turístico internacional. A mexillonada e o mercado medieval comezará ás once da mañán, amenizada por batucada, espectáculos aéreos e pasarrúas. A todo isto hai que engadir a exposición con fotografías cedidas por César R. Carril, que se pode ver no Centro de Activación dAs Torres do Oeste, onde tamén luce un panel con versos de Rosalía de Castro.

Música, historia e teatro para unha Vikinga que renova a súa imaxe

Te puede interesar