Vilarello será porto de parada do remonte das dornas que honra os versos de Rosalía no Inchadiña Branca Vela

Vilarello será porto de parada do remonte das dornas que honra os versos de Rosalía no Inchadiña Branca Vela
Isorna cos alcaldes e Anxo Angueira na presentación do evento

ilarello, en Valga, será, un ano máis, porto de referencia para a actividade “Inchadiña branca vela”, a remonta do Ulla en embarcacións tradicionais coma homenaxe das xentes do mar a Rosalía de Castro.  A concelleira de Turismo, Malena Isorna, participou na Casa Museo da escritora, en Padrón, na presentación da actividade, xunto ao presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e os alcaldes de Padrón, Dodro e Rianxo, localidade que nesta edición acollerá a saída da travesía en lembranza de Castelao, de quen se cumpren 75 anos do seu pasamento.
 

A “Inchadiña branca vela” celébrase este sábado, 26 de xullo, coa participación dunhas vinte embarcacións tradicionais que surcan a Ría ata os ríos Ulla e Sar: Gamelas, galeóns, bucetas, un carocho, un bote de Ribadeo e dornas de distinto tipo (polbeiras, de tope, xeiteiras), chamadas pola Fundación Rosalía de Castro e a A.C. Dorna da Arousa.

 

A novidade desta XII edición é que boa parte das embarcacións sairán xa pola mañá do porto de Rianxo para logo unírensese ao percorrido habitual, coa saída ás 16:00 horas desde a praia fluvial de Vilarello ata Padrón, onde se lle renderá unha homenaxe a Rosalía diante da súa estatua no Espolón.
 

Esta actividade, que se celebrou por primeira vez en 2013 para celebrar o 150 aniversario da publicación de “Cantares gallegos”, xurdiu como iniciativa das xentes da cultura marítima para honrar a unha autora que, precisamente nesa obra, falaba das dornas que subían Ulla arriba no seu tempo.
 

Conta ademais cun importante valor paisaxístico, ao difundir a beleza da Ría de Arousa e do Ulla, un mar e un río que estiveron moi presentes na obra da internacional Rosalía de Castro.
 

Vilarello será porto de parada do remonte das dornas que honra os versos de Rosalía no Inchadiña Branca Vela

Te puede interesar