O 55 % dos veciños da área O Salnés-Caldas prefiren o galego ao castelán no uso diario

O 55 % dos veciños da área O Salnés-Caldas prefiren o galego ao castelán no uso diario
O Correlingua é un dos eventos multitudinarios pensados para fomentar o uso do galego entre os escolares |

O 91,62 % dos veciños das áreas lingüísticas do Salnés e de Caldas recoñecen saber falar en galego e, aínda así, só o 55, 58 % elixen esta lingua como habitual nas súas conversas do día a día. Así o reflexan os datos do Instituto Galego de Estatística que, ao igual que os estudos elaborados polo Ilga (Instituto da Lingua Galega) evidencian unha perda de falantes na lingua nai nas novas xeracións. Os estudos no que ao uso da lingua se refire céntranse en áreas lingüísticas. Na marxe sur da Ría centralízanse as enquisas na área de O Salnés-Caldas.

Segundo estes estudos unha ampla porcentaxe da poboación sabe falar en galego e só un 8,38 % recoñece que “pouco ou nada”. O coñecemento da lingua de Castelao e Rosalía descende cando se refire á expresión escrita. Así pois na área arousá un 10,58 % da poboación enquisada asegura que o seu uso e coñecemento escrito do galego é nulo. O 18,76 % di pouco sabe escribir nesa lingua, o 35, 70 % asegura que se expresa bastante e só o 34,95 % di que escribe en galego sen ningún tipo de problema.
En todo caso a lingua falada é moito máis entendida polos salinienses e caldenses que a lingua escrita. Así o evidencian os propios datos. O 98,56 % asegura que entende “moito ou bastante” a lingua da terra no seu uso oral, mentres que só o 1,44 % dos enquisados inciden de que entenden “pouco ou nada” a aqueles que lle falan en galego.

En canto á expresión escrita o entendemento de todo aquilo que está escrito en galego aumentou lixeiramente. De feito apenas o 10 % (un 9,9 %) apunta a que entenden o galego falado, pero que pola contra non o saben escribir.

Os usos da lingua
Aínda así o coñecemento da lingua non é sinónimo do uso que a poboación ten dela. Así pois só o 39,19 % da poboación da área lingüística arousá utiliza o galego como lingua de comunicación habitual no seu día a día. Unha cifra que é maior nas zonas menos urbanas e que mingua notablemente, sobre todo entre as novas xeracións, en enclaves como Vilagarcía, donde os datos amosan que o uso da lingua nai cae de forma paulatina.

Cabe destacar tamén que o 20,66 % da poboación usa sempre o castelán e o 23, 77 % prefire o uso do español ao galego nas súas conversas habituais. O galego é o idioma preferido no uso diario do 16, 39 %.
En canto ao uso diglósico que se ten da lingua nai (cambiar ao idioma dependendo da lingua que nos fale o interlocutor) este fenómeno sigue a estar presente en gran medida na área lingüística de O Salnés e Caldas. De feito só o 36,64 % dos enquisados manteñen a súa lingua propia nas conversas que teñen con alguén que lles fala noutro idioma distinto ao seu (fundamentalmente o español). O 63, 36 % prefiren mudalo, pese a que o coñecemento das dúas linguas queda constatado que é practicamente total no 100 % da poboación, segundo os datos do Instituto Galego de Estatística.

A influencia da familia
O ámbito familiar é o que máis incidencia ten nos falantes á hora de utilizar unha ou outra lingua. Os datos do IGE mostran que o uso do galego nas casas foi disminuíndo das pasadas ás novas xeracións. Mentres que os avós dos enquisados usaban o galego nun 75, 96 % dos casos como lingua de seu, os pais (unha xeración posterior) só representan o 64, 24 %. Esta diminución do galego contrasta co aumento do español.

O 55 % dos veciños da área O Salnés-Caldas prefiren o galego ao castelán no uso diario

Te puede interesar