Aberto o prazo para solicitar a Escola Infantil de Verán

Aberto o prazo para solicitar a Escola Infantil de Verán
Unha actividade na Escola Infantil da Lomba I GONZALO SALGADO

A Escola Infantil Municipal da Lomba abriu onte o prazo de matrícula para a temporada de verán. Dende hai anos, o centro pon a disposición dos veciños as vacantes que deixan as crianzas matriculadas no presente curso, debido ao periodo vacacional, co obxectivo de contribuír á conciliación doutras familias durante xullo e agosto. 

 

O número de prazas e as franxas de idade dispoñibles aínda non se pode precisar de momento, posto que dependerá das necesidades das familias actualmente con praza para os seus fillos, de si collen ou non vacacións. Para realizar o trámite, os interesados deberán presentar unha instancia xeral (modelo de Escola Infantil) facendo constar que é para a Escola de Verán.   

 

As solicitudes pden presentarse presencialmente no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica, na dirección sede.vilagarcia.gal, debidamente cubertas e coa documentación requirida. O prazo remata o 26 de maio. A cobertura das prazas realizarase en función á orde de entrada das solicitudes que vaian completas.

Aberto o prazo para solicitar a Escola Infantil de Verán

Te puede interesar