Adega e PDRA inician accións legais contra a autorización da Xunta a Altri

Adega e PDRA inician accións legais contra a autorización da Xunta a Altri
Unha manifestación contra Altri

A asociación Adega e a PDRA iniciaron as accións legais conxuntas para evitar a consturcción do proxecto de macrocelulosa de Altri na Ulloa. Aínda que os trámites administrativos da factoría non están rematados e as instalacións carecen arestora dos permisos necesarios, “as irregularidades na tramitación do proxecto, particularmente na concesión de augas, da pé  ás nosas organizacións a acudir xa a vía xudicial”, explican.
 

A vía elexida é a presentación dun recurso de alzada, condición previa ao contencioso xudicial, motivado polo silencio administrativo. Na tramitación de Augas solicitada por Altri (46.000 metros cúbicos ao día) o Regulamento do Dominio Público Hidráulico fixa un prazo de 18 meses para resolver, que tería rematado o 30 de maio de 2024. 

 

Por elo, en febreiro deste ano pediron a Augas que declarase a caducidade do procedemento, pero non recibiron resposta. “A petición ficou desestimada por silencio administrativo”, apuntou Fins Eresa, de Adega. Alfredo Otero, vicepresidente da PDRA, sinalou aos “actuais gobernantes” pasarán á historia “por certificar a defunción da Ría de Arousa” e criticou a declaración de proxectos estratéxico para Altri e non para o marisqueo. 

Adega e PDRA inician accións legais contra a autorización da Xunta a Altri

Te puede interesar