O baile regresa ao Folk no Alobre, que suma visitas guiadas con Xurxo Souto

O baile regresa ao Folk no Alobre, que suma visitas guiadas con Xurxo Souto
A nova edición do Folk no Alobre foi presentada onte no Concello | mónica ferreirós

O baile volverá a ser protagonista nunha nova edición do Folk no Alobre que –tras dous anos de pandemia– regresa sen ningún tipo de restrición. A cita coa música e coa tradición é no entorno do parque Valdés Bermejo o domingo 28 e inclúe actividades dende a mañá ata a noite. Unha das novidades do programa é a visita comentada a cargo do artista Xurxo Souto. Será el o encargado de guiar á comitiva por parte da historia local vilagarciana saíndo ás 11 da mañá da Praza da Independencia para dirixirse hacia o Castriño por Vista Alegre. Para a actividade non é precisa inscripción previa, só aparecer no punto de saída á hora determinada.

Xusto a continuación será a sesión vermú xa no entorno do Valdés Bermejo con “Barullo”. Trátase dun espectáculo infantil de clown que aborda a cultura e a música tradicional a través dos distintos instrumentos. Nesta aventura Nelson Quinteiro convértese no Señor Patajullo e contará coa colaboración do vilaxoanés Álvaro Cardalda.

O inicio do xantar será sobre as dúas da tarde. No espazo haberá mesas e cadeiras habilitadas para facilitar a comodidade á xente que ata alí se achegue coa súa comida e disfrutar do que vén sendo unha romería tradicional. Haberá ademais espazo dabondo para poñer manteis no chan. A comida estará amenizada por grupos tradicionais.

Ás catro da tarde empezará o obradoiro de iniciación ao baile tradicional con Luis Prego. Terá un carácter fundamentalmente práctico e está encamiñado a que os participantes coñezan os pasos básicos do baile tradicional galego. A música empezará ás seis para non deterse xa ata a noitiña. Os primeiros en tocar serán o grupo tradicional Os Demos da Petaca, cunha experiencia de máis de vinte anos interpretando música tradicional. De seguido sobre as 18:45 será a quenda de Miguel Cadaviego, o rabelista cántabro cun concerto no que interactuará co público. A música das mozas de Caamaño e Ameixeiras soará a partir das oito e pechan a edición o grupo Maghúa da Coruña co seu bo facer musical e respeto á tradición. 

O baile regresa ao Folk no Alobre, que suma visitas guiadas con Xurxo Souto

Te puede interesar