O BNG de Vilagarcía reclama a recuperación do Premio de Poesía Fermín Bouza-Brey, unha das iniciativas que a formación incluíu no seu programa electoral en 2023 e que tamén formou parte das negociacións cos socialistas nas diferentes negociacións ao longo deste mandato.
"Atopámonos agora mesmo ás portas do Día das Letras Galegas, momento que sería máis que acaído para a recuperación do cetame, máis tendo en conta que era a data na que noutras edicións acostumaba a celebrarse, e decepciónanos comprobar como non só non se incluíu na programación, se non que ademais non vemos trazas de que haxa vontade algunha de facelo de novo", lamentan os nacionalistas.
"Vilagarcía merce recuperar o Premio de Poesía Bouza-Brey", apunta o BNG, que inciden en que o galardón acadou gran prestixio e proxección literaria no ámbito editorial galego, "máis xa fican quince anos baldeiros dende a última cita", señalan. Tras unha primeira etapa compartida con outros dous municipios, a partir de 2001 a localidade arousán comezou a convocalo en exclusiva, con periodicidade bianual, ata 2010.
O BNG incide en que foi un "certame con destacada participación na que, baixo criterio dun xurado de persoas moi notorias do ámbito académico, foi recoñecida a obra de autores relevantes, incluídos Davidd Souto e Xurxo Alonso, vilagarciáns gañadores de sucesivas edicións".
Para os nacionalistas, é importate por en valor que Vilagarcía "é, para a poesía galega, un claro referente", como "berce deste Bouza-Brey"; edición do primeiro poemario galego do franquismo, 'Cómaros Verdes', de Aquilino Iglesia Alvariño; e tamén da obra de Xosé María Díaz Castro, aos que a RAG adicou máxima honra nas Letras. "Máis tamén de Xaquina Trillo, Bonifacio Suárez, Blanco Mariño e outros e, na actualidade, da asociación Mesa das Verbas".
Por elo, consideran os nacionalistas que "nunha cidade que se di 'De Libro', merecemos recuperar e apostar que sexa tamén cidade de poesía galega". Coas Letras Galegas o a feira do libro á volta da esquina, "consideramos que sería un momento máis que oportuno para volver a celebrar o certame".