jueves 04.06.2020

A comarca do Salnés e boa parte da de Ulla-Umia están en risco extremo de incendio

A comarca do Salnés e parte da de Ulla-Umia atópanse nestes momentos en risco extremo de incendio segundo os datos periódicos publicados no portal web da Consellería de Medio Rural. Así pois todos os municipios

Un incendio acontecido na comarca do Salnés o pasado verán | g. salgado
Un incendio acontecido na comarca do Salnés o pasado verán | g. salgado

A comarca do Salnés e parte da de Ulla-Umia atópanse nestes momentos en risco extremo de incendio segundo os datos periódicos publicados no portal web da Consellería de Medio Rural. Así pois todos os municipios salinienses teñen máis dun 81 % de posibilidades de incorrer nun incendio forestal, o que a propia Xunta de Galicia califica como “extremo”. No caso de Valga e de Catoira a maior parte da superficie destas dúas localidades arousáns teñen a calificación de risco “moi alto”, ao contar cunha porcentaxe de entre o 69 e o 80 %.
Dende a Consellería de Medio Rural sinalan que para establecer o índice de risco de incendio de cada uno dos concellos de Galicia tense en conta a situación meteorolóxica dos mesmos, o estado da biomasa vexetal, o estado das infraestruturas preventivas das masas arbóreas e o propio estado do solo.
Cabe destacar que nestas últimas xornada as temperaturas rexistradas na comarca do Salnés son elevadísimas, superando na meirande parte dos casos os 30 grados. De ahí que esta situación meteorolóxica incida de forma directa na posibilidade extrema de incendios.
O certo é que as altas temperaturas seguirán sendo a tónica da Ría de Arousa nos vindeiros días, segundo os datos aportados por Meteogalicia. Así pois, e ata o venres, o termómetro superará os 30 grados de temperatura sufrindo un lixeiro descenso a finais de semana para temperaturas que, en todo caso, superarán os 25 grados. Esta situación meteorolóxica manterase, segundo os técnicos do servizo de Meteogalicia, ata a metade da semana próxima como mínimo. l

Comentarios