lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Emma Pedreira: “A unha canción cando lle sacamos a música queda poesía”

Emma Pedreira estará hoxe na Semana da Muller e da Cultura | facebook

Falar con Emma Pedreira é falar, irremediablemente, de libros, de literatura e de versos “ao aire”. A escritora e poeta participará hoxe en varias actividades da Semana da Muller e Cultura que este ano se centra no mundo da poesía. A poeta abrirá a súa maleta para todos aqueles que a queiran escoitar no obradoiro das cinco da tarde sobre as escritoras esquecidas da Historia.


Que hai na maleta de Emma Pedreira?

Pois a maleta está chea de libros e de obxectos. Estes servirán para visibilizar a mulleres escritoras que a Historia foi borrando ou silenciando ou que incluso estiveron obrigadas a ceder a súa obra ao seu compañeiro varón para que saíse publicada. A maleta busca iso, dar a coñecer ás esquecidas.


Quen son esas esquecidas?

Prefiro non desvelar nomes porque quero que a xente veña. Eu vou contenta porque nesa maleta están as 16 mulleres que gañaron o Nobel de Literatura é que dende onte xa son 17 co galardón a Annie Ernaux. Dun día para outro a historia xa cambiou. É curioso como en algo tan perdurable como é a literatura parece que é un dos eidos nos que é máis doado borrar ás mulleres.


Hai mulleres galegas nesta lista?

Pois se nos Nobel hai un desequilibrio grandísimo nas Letras Galegas é moito máis palpable. De feito só temos 5 mulleres homenaxeadas nas letras galegas e é un problema evidente sabendo que ano tras ano hai un feixe de candidatas con unha obra sostible que merece ser recoñecida.


Segue habendo un déficit de lecturas obrigatorias asinadas por mulleres na educación?

Aí eu estou vendo que as cousas están cambiando. Na listaxe dalgúns institutos xa están a 60-40, ou sexa que imos no camiño. Hai un par de anos era 90 a 10.


As xornadas son dedicadas á poesía... Segue sendo un xénero ao que á xente lle custa entrar?

A xente cando proba a poesía despois engánchase porque é unha prosa maleable, todo o contrario que a narrativa. Ademais cada vez hai máis militancia para facela visible nos colexios e autores moi novos que apostan moito por ela. Iso é importante. A poesía está en todas partes. Nunha canción se sacamos a música queda a poesía.

Emma Pedreira: “A unha canción cando lle sacamos a música queda poesía”

Te puede interesar