O equipo de Joaquín Santamaría “Kinote” enfróntase ao de Meixide para pilotar a AA VV de Vilaxoán

O equipo de Joaquín Santamaría “Kinote” enfróntase ao de Meixide para pilotar a AA VV de Vilaxoán
Joaquín Santamaría na última asamblea da asociación na que dimitiu a Xestora | mónica ferreirós

Dúas son as candidaturas que mañá aspirarán a liderar a asociación de veciños de Vilaxoán durante os próximos anos. A poucas horas de esgotarse o prazo Joaquín Santamaría “Kinote” decidiu dar un paso adiante e enfrontarse co seu equipo ao que lidera Cándido Meixide, cabeza visible da plataforma “Esperta Vilaxoán”. Santamaría foi membro da Xestora da asociación veciñal nos últimos dous anos e é precisamente –así o sinala el– “polo traballo que fixemos este tempo polo que queremos seguir ao fronte da asociación”. Santamaría percibe “ánimo no pobo”, unha sensación que se evidencia en que o número de socios anotados –segundo os criterios estipulados na última asamblea– ascendeu aos 266 en total. Todos eles poderán votar mañá en urna dende as dez da mañá ás doce do mediodía no centro social do Preguntoiro. Respecto aos nomes que o acompañarán na lista “Kinote”

Ao fronte Santamaría terá ao equipo liderado por Cándido Meixide –conformado por nove persoas cuxos nomes se deron a coñecer o pasado xoves e todos eles vencellados a diferentes actividades que se levan a cabo na localidade– con traxectoria na loita veciñal a través da plataforma “Esperta Vilaxoán” e moi críticos coa xestión que a anterior directiva e a Xestora do colectivo fixeron durante os anos que estiveron ao fronte do mesmo. A xornada electoral do domingo será, polo tanto, especialmente intensa ata o momento no que se dean a coñecer os resultados.

Cabe recordar que a Asociación de Veciños de Vilaxoán é unha das máis antigas de Galicia, dado que foi constituída nos anos 70 e sen que dende aquela a súa actividade cesase (con maior ou menor intensidade).

Os comicios de mañá son especialmente importantes porque dunha ou doutra forma definirán o futuro do tecido veciñal de Vilaxoán e as estratexias a seguir durante os próximos anos pola nova directiva. 

O equipo de Joaquín Santamaría “Kinote” enfróntase ao de Meixide para pilotar a AA VV de Vilaxoán

Te puede interesar