Familia Caamagno, Tremenda Jauría e The Rapants súmanse ao cartel do festival de Revenidas que se celebra en Vilaxoán do 7 ao 10 de setembro. Non son os únicos nomes a maiores dos xa confirmados semanas atrás que hoxe fai públicos a organización. De feito tamén estarán en Vilaxoán Nativa, Xosé Lois Romero e Aliboria, Mondra, Sheila Patricia, Zetak e HYDN. Todos eles súmanse a outras bandas e artistas como Ska-P, Ana Tijoux, Zoo, Desakato, Heredeiros da Crus, Sara Hebe, Rodrigo Cuevas ou Dakidarría entre outros.
Os abonos para os catro días do Revenidas xa están á venda a través da web www.revenidas.com. O prezo actual é de 57 euros máis gastos de xestión.