A Foliada Solidaria da Baldosa logra recaudar máis de 2.700 euros para o plan de emprego da Cruz Vermella

A Foliada Solidaria da Baldosa logra recaudar máis de 2.700 euros para o plan de emprego da Cruz Vermella

Unha vez máis a cita musical e gastronómica promovida por Marcos Ramos rompeu todos os moldes e conseguiu recaudar un total de 2.703 euros que irán a parar de forma íntegra ao proyecto de Plan de Emprego que dirixe a entidade Cruz Vermella de Vilagarcía. Dende o colectivo sen ánimo de lucro agradecían ao término desta cita musical a gran implicación da organización e tamén o ter elixido a Cruz Vermella como destinatario dos fondos recaudados.
O certo é que o ambiente a foliada xa se empezaba a respirar pouco antes das doce do mediodía. A choiva fixo unha aparición modesta, pero o son das gaitas das decenas de agrupacións que se pasearon pola Baldosa durante toda a xornada desplazaron o mal tempo e trouxeron unhas temperaturas que fixeron que a festa se prolongase ata chegada a noitiña. Na Baldosa soaron xotas, muiñeiras e tamén o himno galego acompañado de decenas de voces xa ao fío das sete da tarde. A comida foi tipicamente galega, unha laconada que incluía todo o que pode pedir unha sobremesa en Vilagarcía. A música non cesou en ningún momento nos dous palcos colocados estratexicamente a ambos lados dunha das rúas con máis empuxe hostaleiro da localidad.
Aos “Encantiños”
A Foliada Solidaria da Baldosa cumpriu onte nove anos non só de colaboración coas entidades sociais que máis o precisan, senón tamén de compromiso coa cultura da terra. Este ano foron “Os Encantiños do Umia”, de Godos, os que protagonizaron o cartel promocional. Un grupo hoxe en día reinventado e conformado e promovido no seu día por Santaya e Jamardo.
Así pois Vilagarcía demostrou onte que a cultura galega, aínda que moitas veces relegada a actos moi concretos, aínda está moi viva. A rúa da Baldosa foi un formigueiro de xente durante as horas centrais da xornada e a festa rachada aguantou ata que o corpo non puido máis. l

A Foliada Solidaria da Baldosa logra recaudar máis de 2.700 euros para o plan de emprego da Cruz Vermella

Te puede interesar