O futuro das letras galegas senta as súas bases sobre a musicalidade

O futuro das letras galegas senta  as súas bases sobre a musicalidade
Actos de homenaxe celebrados onte no auditorio na honra de Florencio Delgado Guarriarán | gonzalo salgado

As letras e a música tradicional galega déronse a man na sentida homenaxe que alumnos de diversos centros educativos rendiron a Florencio Delgado Gurriarán.

O autor á que se adica este ano o Día das Letras Galegas centra os actos por esta efeméride e tamén protagoniza a exposición que se pode ver, ata finais de mes, na bibliooteca Municipal Rosalía de Castro.

No acto de onte, que se tivo que trasladar ao Auditorio polas chuvias rexitradas, participaron alumnos de O Piñeiriño, San Francisco, A Lomba e o IES Castro Alobre.


Cancelación


A previsión de chuvias para hoxe desluce a programación prevista, xa que se cancelan os actos ao aire libre previstos pola mañán en Carril. Desta maneira, non se poderá levar a cabo a ofrenda floral no busto que rende homenaxe a Rosalía de Castro. 

O futuro das letras galegas senta as súas bases sobre a musicalidade

Te puede interesar