Heredeiros, Dakidarría e Ska-P farán vibrar a 6.900 persoas hoxe no Revenidas

Heredeiros, Dakidarría e Ska-P farán vibrar a 6.900 persoas hoxe no Revenidas
Zoo fixo vibrar Revenidas cun directo de primeiro nivel | MÓNICA FERREIRÓS

Coas entradas totalmente vendidas dende hai xa semanas o Revenidas espera hoxe a 6.900 persoas ávidas de boa música en directo. O recinto de Vilaxoán recibe xa dende a mañá a grupos de primeiro nivel que arrastran a miles de fans. A música de Heredeiros da Crus –que no Revenidas se senten como na casa– sonará a partir das doce e media da mañá. Xusto antes xa quentará motores O Rabelo, ás once e media. Os de Ribeira darán paso a K1ZA ás 13:50 e os Lamatumbá non deixarán descansar a ninguén a partir das tres menos dez. Mondra actuará ás catro e Familia Caamagno ás cinco. A partir das sete e media empezarán os grupos e artistas máis esperados. Rodrigo Cuevas actuará  para dar paso a La Élite ás nove e a Ska-P ás dez. Esta banda mítica dos anos 90 pisa Vilaxoán na súa xira de despedida e atraendo ata o Revenidas a miles de fans, incluso de fóra de Galicia. Nativa actuará ás doce e Dakidarría ofrecerá o seu concerto máis especial a partir da unha e media da mañá para celebrar as súas dúas décadas de vida e con máis de 50 artistas convidados sobre o escenario. Os últimos en animar ao público serán Me Fritos And The Gimme Cheetos. Tanto Kris K DJ como La Duendeneta ofrecerán música en varias sesións para que o ritmo non pare.


A xornada do sábado chega con forza despois dun xoves e venres irrepetibles. Os Desakato despedíronse dos escenarios co seu último concerto en Galicia ante un público entregadísimo e moi numeroso, pese a ser mediados de semana. Onte as gorxas xa estaban listas dende primeira hora para un cartel que arrastrou seareiros dende distintos puntos de España. As Fillas de Cassandra –unha das formacións revelación da música galega dos últimos anos– superaron todas as expectativas ante un público que pedía máis e máis. Puxeron o escenario a punto para Zoo, que sempre que actúa en Revenidas demostran que o seu é o directo de primeiro nivel. A formación valenciana encheu no festival de 2022 e tamén no deste ano coas súas letras combativas en catalán que os galegos tamén souberon cantar. Los Chikos del Maíz subiron aínda máis o listón para un sábado que se promete de infarto en Vilaxoán. 

Heredeiros, Dakidarría e Ska-P farán vibrar a 6.900 persoas hoxe no Revenidas

Te puede interesar